Hola piratiñas!! Que tal, seguides por aí? Xa vos vexo co meu catalexo...
Ainda que xa está rematando o curso e toca despedirnos, hoxe estou moi contenta despois de vervos a algúns de vos no cole recollendo o material, qué maiores estades e canto me tardaba vervos a todos e a todas!! Estou desexando que chegue mañán para vervos o resto da tripulación, entregarvos os vosos traballiños e desexarvos un bon verán, ben merecido o tendes!!
Mirade, paso a compartir con vos algúns traballiños que me envían os vosos compañeiros e compañeiras sobre a granxa, parecevos ben?
Brais ensinanos os seus quebracabezas dos animais e cóntanos que o que máis lle gustou facer foi o do cabalo.
Tamén fixo o quebracabezas numérico e contou moi atento os elementos da granxa para despois pegar o seu carón o número correspondente. Moi bo traballo Brais!!

O seguinte pirata que nos ensina as súas actividades da granxa é Mateo. Mirade cantas actividades!!
Comezamos cunha imaxe xogando coa granxa, mirade cantos animaliños ten, a qué é ben grande??
Pero ademáis de xogar coa súa granxa tamén traballou moitísimo con outras actividades, primeiro fixo os crebacabezas dos animais e despois animouse e decorou o seu galo do crebacabezas numérico.... quedoulle ben colorado e moi curiosiño, a que si?
Mirade qué ben coloca as pezas, fixándose moito para que coincidan os debuxos!! Xenial.
Despois, fixo unha fichiña rexistrando na táboa os animais de dúas e de catro patas e tamén pintou moi ben os animais.
Pero...mirade, entre unhas actividades e outras, ainda lle quedou tempo para ensinarnos este quebracabezas que xa tiña na casa, sonanvos estos animaliños? A ver quen consigue ver a Bartolito da Granxa de Zenón... recordades que as veces nos cantaban cancións na clase? Canto nos gustaban verdade?
Pero moito traballa este neno!! Mirade que gato tan bonito nos ensina. Como a súa irmá tamén fixo unhas manualidades él decidiu ensinarnos o seu gatiño, encántanme esos bigotes!! Quedou precioso Mateo!
Parabéns tamén polas túas actividades!
E agora, Lara tennos unha sorpresa preparada, ainda que tamén fixo os seus quebracabezas dos animais e actividades de lectoescritura, mirade que nos ensina!!
Como esta semana traballabamos sobre a granxa, decidiu ir a ver os novos coelliños dos avós e traernos unha mostra da súa visita!
Moitas grazas Lara!! Qué bonitos son!
Pero... si ata colleu un para que o vexades ben de cerca!!
Nótase que o pasou moi ben na súa visita verdade?
🔻🔺🔻🔺🔻🔺🔻🔺🔻🔺🔻🔺🔻🔺🔻🔺🔻🔺🔻
Pois ata aquí as actividades dos piratas deste trimestre !!
Canto traballaron, se esforzaron e medraron, pero sobre todo o que desfrutaron neste tempo.
Moitas grazas coma sempre as súas familias, sen a súa axuda neste tempo non sería posible facerlles chegar tantos recursos para que poidan seguir aprendendo.
Seguide atentos nestos días ao blogue porque... quizáis terei algúnha cousiña máis para vos!😀
Mándovos un bico enorme piratiñas!! Quérovos moito!
Moitas grazas María pola tua dedicación!! Bo verán 😗
ResponderEliminar