viernes, 19 de junio de 2020

PRACERES DE VERÁN (PARA MOUCHIÑOS E PEIXIÑOS)

Ola familias:
Pois este curso, que foi tan diferente a todo o que vivimos ata agora, xa vai tocando a fin.
As vosas mestras queremos despedirnos de vós, mandándovos unhas recomendacións para o verán. Lembrade que as tres máis importantes son xogar, xogar e xogar moito.



juguetes de playa - GIFMANIA


Aínda así, non queremos irnos sen deixarvos unha mensaxe de Güino e as súas lecturas para o verán:










Ademáis, estivemos facendo unha selección de xogos de mesa, e que son moi axeitados para toda a familia, así que a diversión está asegurada!!! Para cada xogo, explicamos a idade á que vai dirixida, as habilidades que traballa e un pequeno resumo de como se xoga (algúns os vosos pequenos e pequenas xa os coñecen porque os tiñamos na aula). Imos aló:





Mr Magic: A partir de 6 anos. Traballa a orientación espacial, percepción visual e a atención. Debes facer aparecer e desaparecer os obxectos máxicos máis rápido que os demais xogadores.
Karuba junior: A partir de 4 anos. Traballa a percepción visual, a lóxica, a toma de decisións e o traballo cooperativo. Debemos conseguir que os tres excursionistas acaden o seu obxectivo (3 cofres de moedas de ouro) antes de que os piratas cheguen á illa.
Ni si ni no: a partir de 6 anos. Promove a cohesión familiar, fluidez verbal e velocidade de procesamento para responder. Cada xogador colle unha carta e vai lendo as preguntas e contestando, pero non pode dicir nin si nin non, e tampouco facer xestos.
Pijamas a la cama: hay diferentes niveis de xogo de 3 a 7 anos. Traballa a atención, a memoria e a orientación espacial. Debemos prestar atención aos membros da familia real, a súa orde nas camas e a súa vestimenta, xa que a medida que se van engadindo cartas, as súas posicións cambian e as cores dos seus pixamas tamén.




Times up (kids): A partir de 4 anos. Fomenta a atención, a memoria a corto prazo, a memoria semántica, a comprensión, a expresión, o vocabulario e a fluidez. Collemos 20 cartas e póñense boca abaixo na mesa. Deberán explicar os 20 debuxos mediante mímica.
Scrabble: A partir de 6 anos. Traballa a lectura e o vocabulario. Consiste en formar palabras sobre un tableiro.
Zingo: A partir de 4 anos. Ideal para ampliar vocabulario, fomenta a atención e a velocidade de procesamento. A súa mecánica é como a do bingo, pero as tarxetas teñen imaxes e palabras.
Camelot Jr:  A partir de 4 anos. Trabállase a orientación espacial, atención, concentración e lóxica. Trae un libriño con retos. Colócanse algunhas pezas tal e como se especifica e ofrécense outras pezas para colocar de forma que o cabaleiro poida chegar á dama e viceversa.





¿Quién soy?: A partir de 5 anos. Trabállase o vocabulario e a atención, a pronuncia e a competencia lingüística. Un participante pon unha tarxeta na diadema que terá na cabeza e ten que facer preguntas ao resto do grupo para adiviñar a imaxe que hai na tarxeta.
IQ Fit: A partir de 6 anos. Fomenta a concentración, o pensamento, a reflexión e o inxenio. Debes axustar tódalas pezas do rompecabezas no tableiro de xogo de forma que tódalas partes encaixen. As tarxetas ensínanche como debes colocar algunhas pezas e ti debes completar as que faltan.
Abejitas Zum Zum: A partir de 4 anos. Axuda a desenvolver a atención e a memoria. Consiste en coller o maior número de abelliñas. Colocamos as 6 abelliñas de cores no centro, intentamos memorizalas e tapámolas coas colmeas. 
Rush hour Jr: A partir de 5 anos. Favorece a concentración, o pensamento estratéxico e a lóxica. Consiste en sacar o coche branco do atasco movendo os outros coches. Consta de 40 tarxetas con 4 niveis de dificultade. 



Story cubes: A partir de 6 anos. Traballa o razoamento, a memoria, a atención, concentración, a expresión e a comunicación, e a creatividade. Tiramos os dados e a partir das imaxes que nos saen, inventamos unha historia, que podemos escribir, debuxar...
Uno: A partir de 3 anos. Fomenta a axilidade de pensamento, a atención, a concentración, e a percepción visual. O xogador ten que igualar a carta que saiu, e para isto, debe coincidir o número a cor ou a acción.
Dobble Kids:A partir de 4 anos. Favorece a observación, os reflexos e a velocidade de resposta. O xogo consiste en identificar un mesmo animal en dúas tarxetas diferentes. Tódalas tarxetas teñen un animal en comun e a tarefa dos pequenos será atopala.
Los 10 cerditos:A partir de 6 anos. Desenvolve a atención, rapidez de resposta e cálculo mental. Debes coller 3 cartas e colocar unha enriba da mesa á vez que dis o número e roubas unha carta, porque sempre hai que ter 3. O seguinte xogador ten que buscar un número que ao sumar á carta dea 10.
Cucu tras ¿Qué hay detrás?:A partir de 4 anos. Traballa a observación e a rapidez de resposta. Cada xogador ten 5 cartas e na mesa tamén se colocan 5. Cada xogador xira unha carta do centro, mentres os demais tapan os ollos. O que a atope deixará unha das súas cartas no centro. Gana o que antes quede sen cartas.

Ademáis destes lembrade os clásicos: parchís, oca, damas, baralla...

E xa para ir rematando, deixámosvos un enlace para EL RINCÓN DE LUCA, que é unha páxina de xogos ABN, que é o método que empregamos na escola para a aprendizaxe das matemáticas (tamén podedes descargalo gratis no mobil, porque existe a aplicación).









Por último, non queríamos despedirnos sen recomendarvos dúas lecturas interesantes para vós, familias. Esperamos que as disfrutedes e ...¡¡¡ FELIZ VERÁN!!!




3 comentarios:

  1. Mis mouchos!🦉 Hoy tenía que haber sido un día muy especial para vosotros/as, el día de vuestra graduación, de vuestro cambio de etapa.Un día cargado de recuerdos, emoción y nervios a flor de piel y aunque os hayan arrebatado eso, quedaros con todos los recuerdos y momentos vividos a lo largo de estos 3 cursos de los que me enorgullece haber formado parte (aunque fuera de manera intermitente)reir, jugar, vivir intensamente y no dejéis nunca de soñar! Un beso enorme para todos los que formais parte de la familia de los mouchos. Felices vacaciones y feliz verano! 😘😘😘

    ResponderEliminar
  2. Que bonitas palabras Tati! A verdade é que somos unhas afortunadas, por ter a honra de coñecer, traballar e disfrutar con este grupo tan estupendo, e tamén coas súas familias, que a verdade é que son marabillosas. Aperta forte tamén para ti!

    ResponderEliminar
  3. Moitas grazas profes pola vosa atención e estas palabras tan emocionantes. Bicos e apertas e bo verán!!😊😊

    ResponderEliminar