jueves, 5 de mayo de 2022

E MARCHAMOS DE EXCURSIÓN!

 Esta semana subo as fotos da excursión a Belelle. A verdade é que foi un día moi especial, xa desde a entrada no cole. Estaban moi ilusionados/as!

Fixeron pan, plantaron un xirasol, déronlle de comer aos animais e montaron en poni! Pasárono moi ben e a volta foi igual de animada ou máis que a ida (e iso que non paramos en todo o día! Pero tiñan que aproveitar a xornada e fixérono ata o final).

Se chegades ó final das fotos (que son moitas), tamén hai un vídeo que lles preparou a Profe Zoraida (que lles dá TIC e Música) e que quixo compartir con todos nós. Explicoume que o fixo cun programa online que está nesta páxina:

https://sketch.metademolab.com/

Os nenos e nenas primeiro fixeron un debuxo de si mesmos nun folio e coloréarono libremente. E despois tamén eles/as fixeron a foto ao seu debuxo empregando a tablet. Subírono a esta páxina, na que hai diferentes opcións para que se mova a ilustración e cada un elexiu como quería que se movera (quedou precioso, e moi divertido!).
































































































































































































2 comentarios: