lunes, 9 de mayo de 2022

NÓS E OS VERMES DA SEDA

 Desde o outono e durante o inverno estivemos observando as árbores que temos no patio de infantil. Unha delas non perdeu as suas follas pero as demais si. Chegada a primavera descubrimos o importantes que eran esas árbores de folla caduca para uns animaliños moi especiais.

Un día atopamos na clase unha carta moi bonita. Tiña a imaxe dunha moza un tanto estraña e viña acompañada cunha caixa moi especial:

Bombeiras e bombeiros escoitamos atentos a lectura daquel escrito que viña directamente desde China e remitido pola emperatriz Leizu. Alí falabanos de que o que estaba dentro do cofre era algo que nuns días nos ía sorprender... Nós so viamos un verme de xoguete, unha lupa e algo entre todos pensamos que podían ser: pedras, boliñas, puntiños... 

Decidimos usar a lupa pero... por moito que mirásemos a traverso dela, non viamos nadiña.

Foi pasando o tempo e despois de case 3 semanas... uns pequenos fíos apareceron preto daquelas pedriñas, boliñas ou puntiños. Agora si que xa os viamos coa nosa lupa.
E sabedes que resultaron ser?. Pois... larvas. Logo de investigar sobre larvas chinesas descubrimos que eran as larvas dos vermes da seda. 
Visualizamos un vídeo que nos contaba todo sobre estes vermes e dispuxémonos a coidalos. Non podiamos defraudar á emperatriz Leizu.
Agora por fin descubrimos porque son tan importantes esas árbores do noso patio. Son moreiras e as súas follas son o alimento dos vermes da seda.
Aquí nos tedes dispostos a alimentalos para que medren moito.
Abraiados quedamos ao verén como comen sendo tan pequerrechos. Mirade como deixan as follas de moreira!
E logo de moito comer... aquí os temos. Feitos uns "mozos". Que coxeguiñas nos fan e como gozamos cando levantan a sua cabeciña!. Aínda que algún de nós non nos atrevimos a collelos. Quizais para o curso que ven.
Agora toca deixalos descansar porque en nada agocharánse no seu casulo, transformaránse en crisálida e xurdirá... unha bolboreta moi especial.
Pois esperando, esperando... aquí a temos despois de moito esforzo para romper o casulo por un dos seus extremos. 
Quixemos deixala moi tranquila xunto con outra bolboreta amiga. Agora poida que se fagan noivos e a bolboreta femia poñerá os ovos que na vindeira primavera eclosionarán de novo dando lugar a novos vermes da seda. 
Mentres... descubrimos o que quedou daquel verme dentro do casulo. Unha casca de crisálida!
A VERDADE É QUE A NATUREZA É ABRAIANTE!. 
VEDE AS NOSAS CARIÑAS. 
COIDO QUE O DIN TODO.

No hay comentarios:

Publicar un comentario