Deixovos unha pequena recopilación de fotos destes primeiros días que aproveitamos para contarnos experiencias dos nosos veráns, para xogar cos compis, para estrear un novo anaquiño de patio cheo de natureza, onde puidemos observar como medrou a nosa plantación de fabas e, por suposto, para dar a benvida ao noso novo compañeiro MAIO.
Unha das primeiras actividades que realizamos como grupo clase foi facer os mini-equipos das mesas nas que nos sentaremos este trimestre. Mini porque somos seis e equipo porque nos axudaremos uns a outros; pero, sen olvidar, que se nos xuntamos os tres mini-equipos formamos un super equipazo: "OS ELEFANTES"
Xa postos en faena, coa chegada do outono, decoramos o corredor que lucía precioso cos nosos pavos reais feitos con follas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario