viernes, 11 de octubre de 2019

Embudina

A novidade desta semana foi a nosa amiga Embudina! Fai maxia e se lle metes 10 palillos transfórmaos en decenas. Como imaxinades, foi un éxito! Preguntádelle aos vosos pequenos polas palabras máxicas e eles xa vos contan.
Tódolos martes na hora de ler virá un compañeiro de Primaria a contarlles un conto, neste caso tocoulle a Álex, de 6º, e estiveron moi atentos!
E hoxe venres, tivemos un día de moito traballo (e diversión). A primeira hora fomos ver un concerto de corda, e mesmo algúns atrevéronse a participar! E despois puxémonos mans á obra para definir e falar un pouco sobre a palabra do proxecto que nos tocou (integración) Para iso vimos un vídeo titulado "El puercoespín en Navidad" e levounos a falar do seu significado. Como era de esperar, saíron ideas ben bonitas. E por último, pensamos entre todos un título para o PDI deste curso (faino cada aula e despois decide por votación todo o alumnado do centro).

4 comentarios:

  1. Encantados de coñecer a Embudina!!! Foi “trending topic” esta semana, aínda que entendíamos “Emudina” por iso non imáxinabamos o seu funcionamento, agora vendoa xa todo ten sentido😊

    ResponderEliminar
  2. Jajaja, bueno, pois aclarada a dúbida, alégrome de que vos falen das cousiñas que facemos!!!!

    ResponderEliminar
  3. Pero cuánto trabajan éstos niños!�� Enhorabuena por el blog que nos permite ser partícipes del día a día de nuestros peques y muchas gracias a los profes que lo hacen posible con su esfuerzo y dedicación.👏👏

    ResponderEliminar
  4. Moitas gracias a vós, familias! Eu encantada con este grupo tan traballador e participativo!

    ResponderEliminar