viernes, 25 de octubre de 2019
PALABRAS SEGREDAS
Esta semana estrenamos o noso panel das Palabras Segredas. Cada neno/a ten un sobre e dentro del atoparon un debuxo. Despois deilles unha ficha na que tiñan que escribir o nome do obxecto (ou a frase!), o número de letras, as sílabas, escribir outras palabras que empezaran pola mesma letra, e por último, facer un debuxo. Levaban xa tempo preguntándome para que servían os sobres, e por fin o descubriron!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario