Estes días pasámolo en grande celebrando o Samaín! Tivemos actividades moi divertidas, desde a representación por parte do alumnado de 6º de E.P. do conto A figueira de Pelostortos, a exposición de cabazas, a queima de medos no patio de EP ( cada neno/a escribiu e debuxou o seu medo e despois o encargado de cada aula meteunos na fogueira para que desaparezan para sempre) as lecturas ás escuras (visualizaron un conto cada un e despois eu conteilles outro. Gustounos moito o do Mouchiño Martín, que brillaba na escuridade!!!!), os disfraces que daban moito medo, as teas de araña divertidas con témpera e o noso photo call, aproveitando que a Bruxa Mala Uva afogou na súa poción.
Como vedes, pasámolo xenial!
Moitas grazas familias pola vosa colaboración.
Que ben se pasa no samain!!! E a historia da figueira de Pelostortos encantounos!!
ResponderEliminarSiii, pasárono en grande!
ResponderEliminar