Un ano máis, dende o cole, conmemoramos o 25 DE NOVEMBRO (DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO). A clase dos elefantes aproveitamos este día para recalcar a importancia de saber convivir uns cos outros e rexeitando a violencia de todo tipo, xa sexa física ou verbal, contra mulleres ou homes, nenos ou nenas,... nin nas nosas aulas nin nos nosos corazóns ten cabida a violencia!
Este ano, a conmemoración xirou entorno a Isótita (en grego significa igualdade), unha cidade submarina, existente en Illa Fantasía, cuberta por unha cúpula de cristal onde o respecto, a liberdade e o amor por tódas as persoas e seres vivos é a súa ley máis absoluta. Motivo polo cal decidimos formar un enorme cabo (rolos de papel hixiénico pintados de violeta e con palabras de amor, igualdade, solidariedade,...) para poder unir Isótita co noso cole.
Seguindo facendo referencia á cúpula de crital que envolve Isótita, Dámaris (encargada este ano de pronunciar unhas verbas para conmemorar este día) fixo un simil da cúpula cunhas esferas de plástico que repartimos a todas as aulas coas fotos dos nenos e nenas da mesma, co fin de explicarlles que se rozamos as esferas con forza poden romper (igual que os sentimentos ou a vida das persoas que son maltratadas), en cambio, se as xuntamos con delicadeza poden estar en contacto e convivir unhas con outras. Agora, é o momento de poñelo en práctica, imaxinarnos que tanto nós como o resto das persoas están envoltas na súa propia esfera e, temos que convivir en igualdade uns con outros para que nin a nosa esfera nin a do resto das persoas se rompan xamáis.
Todo este día estivo acompañado de música, nesta ocasión coa canción "VIVIR" de Rozalén e Estopa, que ensaimos e traballamos, tanto nas aulas como coa mestra de música e que bailamos con moita ilusión este día. Ademáis de ensaiar o baile, traballamos o significado da letra da canción e escollimos tres palabras que plasmamos nas cartoliñas que empregamos durante o baile.
Un día de reflexión para todos e todas, para tentar erradicar para sempre a violencia de xénero, por desgraza, tan presente na sociedade en que vivimos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario