martes, 17 de diciembre de 2019

BOLOBO





Dende o equipo de biblioteca chegounos unha nova proposta. Este curso ímos participar no proxecto: "Club das letras", o cal ten como obxectivo potenciar  a lectura, o emprendemento e o pensamento crítico e creativo mediante os contos. Por suposto, a temática destes contos é a "IGUALDADE", estreitamente relacionado co noso PDI.





O libro elexido para este primeiro trimestre é: 

BOLOBO da editorial Milratones.

"Bolobo é un mono que naceu sen extremidades superiores. Un libro de auto superación que pretende romper estereotipos."

O libro gustounos moito e, unha vez lido e reflexionado sobre el, puxémonos na pel de Bolobo. Que complicado é facer algunhas cousas sen brazos! pero, todo é posible con esforzo, actitude positiva, buscando alternativas e, en ocasións, coa colaboración dos compañeiros e compañeiras. 

Aquí tendes a prova:

Mirade como facemos, o cotiá...


 

... como collemos cousas.


Ata nos atrevemos a escribir, xa sexa coa boca...







... ou empregando os pés.


Xa como traballo final, este ano decidimos realizar unha postal de Nadal moi especial. Como homenaxe a todas aquelas persoas con discapacidade que día a día seguen superando as diversas barreiras coas que se atopan e, baseándonos nas postais dos pintores da "Asocación de pintores con la boca y con el pie" decidimos facer a nosas postais coma eles, sen empregar as nosas mans nin os nosos brazos, so coa boca (bueno... algunha pequena trampa fíxemos ás veces).




 QUEDARON PRECIOSAS!!













No hay comentarios:

Publicar un comentario