Na segunda quincena de xaneiro,
os piratas, fomos realizando diversas actividades relacionadas coa
conmemoración do día da paz e non violencia en varias sesión.
Nunha das cartas da Capitá
Mariana que recibimos propoñiasenos unha misión de Paz. No pico das Bruxas, na costa norte da illa un
gran barco estaba encaiado nas rochas polo temporal e como consecuencia verteu
o seu combustible no mar. A misión sería remolcar o barco, limpar a praia e
formar un escudo protector de Morgana, a malvada bruxa Morgana. No seu reino
forma tormentas, tornados…todo para afundir as embarcacións que se achegan a
costa. Para iso, creamos unha gran cúpula de luz para manter afastada á Bruxa
Morgana, xa que so ten poderes na oscuridade.
Para que este escudo perdurase no
tempo, necesitaba dun feitizo feito con palabras de luz.
Na clase dos piratas estabamos
desexando afastar a bruxa Morgana e, para iso, ente todas e todos aportamos palabras bonitas,
fixemos unha votación e eliximos a palabra AMOR.
Decoramos unha ola que despois poñeriamos en común no corredor do centro.
Ademais, coa colaboración das
familias, decoramos unhas latas do moi orixinais coas que que participamos xunto con todo o cole na "Latucada pola Paz". Encantounos acender a luz na aula coas nosas lanternas e compartir cos nosos compis.
Elaboramos as nosas pombas da paz, e tamén fixemos unha dinámica en gran grupo utilizando a seguinte canción que tanto nos gustou volver a escoitar e bailar a miúdo.
Deixamosvos unhas imaxes destos bonitos momentos.
Para finalizar, deixamosvos os enlaces da conmemoración do 30 de xaneiro, Día da Non Violencia e da Paz 2020.
No hay comentarios:
Publicar un comentario