O 30 de xaneiro celébrase o día escolar da non violencia e a Paz. Para festexalo realizamos as seguintes actividades:
En primeiro lugar recibimos unha carta da Capitá Mariana na que nos contaba que o mar estaba completamente negro no Pico das Bruxas, por mor dun barco encallado que estaba vertendo combustible. Pedíanos que creáramos unha cúpula de luz, con palabras ou feitizos para afastar á Bruxa Morgana, que era a encargada de producir as tormentas para que os barcos afundan.
Chamounos moito a atención eso de que o mar estivera negro, tíñamos claro que queríamos cumplir a misión así que nos puxemos mans á obra.
- O encargado do día abre a carta que nos chega de Illa Fantasía.
- Pintamos de negro unha onda sobre a que poñeremos a nosa palabra de luz.
- Pensamos cales poden ser as palabras de luz que formen a cúpula para afastar á Bruxa Morgana. Facemos in listado e votamos. A elexida é a palabra AXUDAR.
- Colocamos a nosa onda no mural das Ondas de Paz creado entre tod@s
Tamén traballamos os símbolos da paz e creamos unhas pombiñas moi "diversas", de moitas cores, todas distintas, como cada un de nós...
Tras todos estes preparativos previos. chegou o día 30 e coas lanternas ennchemos de luz a escuridade!!! Empezamos na aula...
Por outra banda, non podía faltar a música nunha celebración desta magnitude, así que coa colaboración das familias decoráronse latas para facer a "Latucada pola Paz". Despois do recreo saímos ao patio, cantamos, bailamos e soltamos as pombas da Paz...
Foi un día cheo de emoción e aprendizaxe!!!
Parabéns a familias, mestres e mestras, alumnado... pola vosa participación, esforzo e traballo!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario