Como xa sabedes, estamos preparando a celebración do Entroido. E para intentar facilitarvos o traballo, enviámosvos unhas recomendacións para a elaboración do disfrace.
1º: Podedes realizar unha base coa forma que aparece no debuxo, ou similar. O material empregado pode ser o que desexedes, xa sexa fieltro, tea, goma eva...
2º: Recortar cadrados de fieltro de diversas cores: branca, azul, verde, vermella, laranxa, negro, amarelo, rosa e violeta ( está o debuxo de Elmer na porta da entrada e tamén por aquí para que poidades confirmar as cores). Os cadrados serán de 8x8 cm aproximadamente.
3º: Suxeitar os cadrados sobre a base, intercalando as cores. Lembrade que ten que ser tanto pola parte dianteira como pola parte traseira.
4: Engadide unha cola na parte traseira do disfrace.
5°: En canto ao tamano do disfrace, mellor que lles quede á altura da rodilla ou un pouco máis arriba, xa que así terán máis facilidade para moverse e estarán máis cómodos.
Moitas grazas pola vosa colaboración e gozade do Entroido
No hay comentarios:
Publicar un comentario