O ENTROIDO DOS PIRATAS.
Os piratas estivemos moi atentos as súas consignas, estabamos pendentes dos seus mandadiños e encantounos compartir estos momentos cos nosos compis. Deixamosvos unhas imaxes do ben que o pasamos gozando cos mandadiños.
Estos días tamén estivemos moi
atareados confeccionando as orelliñas e as trompas para os nosos disfraces de Elmer, aprendendo a letra e o
baile da canción da nosa comparsa, entre outras actividades da aula.
O venres chegou o día do festival,
comezando cun desfile de comparsas de Entroido polas rúas da vila de Pontedeume.
Qué ben o pasamos nesta saída ao entorno acompañados de toda a Comunidade Educativa.
Moitas gracias por todo familias: por
axudarnos a lucir os nosos disfraces enchendo as rúas de moitas cores, de
música e polos postres de entroido cos que gozamos.
Deixamosvos a actuación no festival, un canto á igualdade, así como ao respeto á diversidade que caracteriza o proxecto do centro neste curso. Qué ben o fixeron!!
Rematamos a celebración deste
Entroido 2020 coa “ Queima do Meco” no patio de primaria, xunto con todo o
alumnado do colexio.
Grazas María por ensinarnos aos nodos piratillas desfrutando todos xuntos😍😍
ResponderEliminar