jueves, 12 de marzo de 2020

PLASTILINA

Onte os nosos Mouchiños estiveron encantados coa actividade da elaboración da plastilina. Gustoulles moito, e mesmo algún, pese a escribir a receita na aula, quixo facer outra para levar á casa e poder facela pola tarde (e aquí é onde adquire sentido a escritura, motivo polo cal non podo estar máis satisfeita).
Déixovos unhas fotos da actividade, e tamén das propostas de lectoescritura destes días: o spinner, pensado para esas letras que lles están custando un pouquiño máis; e no recanto, unha actividade que se chama Le, Crea e Escribe, na que primeiro deben ler a palabra que lles tocou, logo con plastilina teñen que expresala e despois escribila, e por último, farán unha frase con ela.
Ó final tamén hai fotos de cousiñas que fan na aula, como debuxos, construccións, etc. que lles fai moita ilusión que as suba ao blog.
Espero que vos gusten, e que pronto volvamos a retomar a actividade lectiva, porque temos miles de proxectos ilusionantes e traballiños pendentes.







Déixovos a receita por se a queredes facer na casa:
-Un vaso de fariña
-Medio vaso de sal
-Medio vaso de auga
-Catro culleradas de aceite
-Colorante alimenticio
Misturades tódolos ingredientes e cando teñades xa feita a mezcla, se queredes podedes engadirlle o colorante da cor que vos guste.




No hay comentarios:

Publicar un comentario