Escribo este saudiño desexando que esteades todos ben. Seguro que estades a coidar moito da vosa familia e que seguides moi fortes e valentes para vencer por fin a este... CORONAVIRUS!.
Xuntos, ímolo lograr, veredes!
Algúns de vós compartistes no correo de Astronautas o que estades a facer estes días.
Aquí volo presento para que vos poidades ver... aínda que sexa, só en foto.





Fíxome moita ilusión ver as vosas fotos e comprobar o ben que o estades a pasar facendo tantas cousas.
Aínda que botedes de menos xogar cos vosos compis no cole, sabede que cando nos volvamos ver... ímolo celebrar ao grande! E quen estivo de aniversario... dará "voltas ao redor do sol" de novo. E viraremos xuntos cantando unha nova canción que diga:
"La tierra gira alrededor del sol
alrededor del sol,
alrededor del sol.
La tierra gira alrededor del sol
y estamos de vuelta yaaaaa!.
E fundirémonos nun XIGANTESCO ABRAZO. Veredes!!.
BIQUIÑOS MEUS ASTRONAUTAS!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario