lunes, 27 de abril de 2020

PREPARANDO A FESTA DOS "MAIOS"!

- AQUÍ ESTAMOS DE NOVO PEQUES!.
- E VÓS... ESTADES AÍ?. 
- SEGURO?. 
- AH SIIIIII, XA VOS VEMOS!.
Esta semana imos recibir un novo mes. O mes de maio, que é desde sempre, O MES DAS FLORES!!. 

Seguro que lembrades a tradición tan fermosa que celebramos todos o anos no noso cole: A FESTA DOS MAIOS!.

Ah claro... que para Piratas e Sereas este sería o voso primeiro ano de Festa dos Maios no cole!. 
Sen embargo, aínda teremos que estar un pouquiño máis na casa pero... non vos preocupedes que aquí, as vosas profes vámosvos explicar en que consiste esta fermosa festa.

Preparámosvos un xogo novo co que aprender moitos contidos. É moi sinxelo de empregar:

- Premede na pestana de aumentar pantalla e así poderedelo ver en grande (cadrado situado á esquerda do "i" de información).
- Nas frechiñas podedes cambiar de actividade.
- Unha vez feita a actividade se premedes no botón do "tic", saberedes se está correcta ou non.
- Ao rematar, se premedes no cadrado de información, podedes visualizar as vosas puntuacións. Permitindo a opción de escribir o voso nome e imprimir o resultado.


ESCOITADE ESTE AUDIO PARA IRVOS METENDO NA FESTA!


Tamén podedes acceder a el no seguinte enlace:
https://www.chiscos.net/xestor/chs/lidianunez/maios1/maios.html


Bueno... pois agora que xa coñecedes en que consiste a tradición dos "Maios" animámosvos a completala con estas PROPOSTAS TAN DIVERTIDAS, QUE DE ESTAR NO COLE TAMÉN AS FARIAMOS PARA... GOZAR DA FESTA!.

Coma sempre podedes compartilas cos demáis compis e coas vosas profes enviándoas ao voso correo de aula.

PARA SEREAS E PIRATAS... A VISEIRA MÁIS FLORIDA! 


PARA ASTRONAUTAS E ELEFANTES UN MANDALA DA FLOR DE LOTO!


PARA MOUCHOS E PEIXIÑOS UNHA POESÍA A COMPLETAR E UN MAIO DECORAR!



O DOCUMENTO ADXUNTO TAMÉN VOS PODE APORTAR IDEAS.
Ideas Maios by DAMARIS on Scribd


Recordade que no lateral do blog tedes os enlaces actualizados ás especialidades de educación infantil.

FELIZ FESTA DOS MAIOS!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario