Aquí estou para saudarvos e desexarvos un bo comezo do mes de maio. De seguro que entre a festa de Os Maios e o día da Nai que celebramos hoxe, a ledicia e a felicidade foron completas.
Así me gusta! e pido para vós e as vosas familias que o resto de días que quedan de mes sigan a ser UNHA CELEBRACIÓN.
Recordade que cada minuto é un regalo que debemos aproveitar.
Así que sen dar por perdido nin un minuto máis do meu tempo, aproveito para facervos o meu agasallo mamás:
PARA AS MAMÁS DOS ASTRONAUTAS.... PARABÉNS!!
Xa comprobei que estades a traballar moito e con ilusión todo o que vos propoñemos. Que fermosos traballos estades a facer!. Encántanme! e... para compartilos cos compis, aquí vos van:
Un Maio moi artesanal este da Astronauta Aloia!. Imaxinación a tope!. Eso que vedes é unha escaleira que entre toda a familia cubriron con fulares, bufandas e como vedes motivos moi naturais: porros, cenorias, follas de repolo, laranxas e unhas fermosas flores de fieltro. E Aloia e o seu irmán Roi atabiados con cadansúa coroa de loureiro. Como debe ser!. Bonito, bonito familia!

O maio de Adán é tamén espectacular!. Mi madriña a de traballo que aí hai!: todo tipo de flores, abellas e ata un sol con lentes e todo! i é que xa vai sendo hora que nos ilumine e quente un pouquiño!. Moi bo traballo Adán!. Noraboa a ti e á tua familia!.



Aquí temos a Martín en labores de limpeza, coa vasoira na man, deixando todo relucente despois da faena. E o certo que valeu a pena tanto traballo porque mirade que Maio máis feitiño o seu. Non lle falta detalle!: xestas, tuia, estalotes, laranxas, limóns... ata as andias firmadas por el mesmo e con data e todo. Fermosísimo familia!.
![]() |
"Aí ven o maio, deixádeo pasar, que ven traer as flores e a saude ó
fogar".
"Eji ven o maio, deixádeo pasar e vamos tod@s xunt@s a
festexar".
RECOLLEITA DA AVOA TERESA. AVOA DE CARMEN.
|


Pero se os Maios foron fermosos... como de maravillosos son estes meus Astronautas e os seus traballiños?. Pois... moitísimo máis!. Que maravillosos mandalas!. Enamóranme pequechos e pequechas!. Igual que as vosas coroas e manualidades. Moi bo traballo! e un montón de paciencia!.
Sabedes que en moitos momentos da vida debemos aprender a ser pacientes?. Pois si... as veces temos que esperar para conseguir aquelo que queremos e ás veces ir pouquiño a pouco como as formiguiñas para conseguilo: traballando moito pero sen rendernos nunca.
Moitos bicos nenos e nenas!. Téñovos no meu corazón e espero con ilusión todo o que queirades mandarme para compartir. 16 bicos superfortes da vosa profe Dámaris.
No hay comentarios:
Publicar un comentario