Ola de novo amiguiños e amiguiñas! Seguides por aquí?
Esperamos que esteades gozando moito dos paseos en familia e das saídas á rúa! Como sabedes, o 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas, que este ano está adicado a Ricardo Cavalho Calero. Para aprender un pouquiño máis sobre a súa vida e actividade, podedes pulsar neste enlace, no que as explicacións van acompañadas dunhas actividades interactivas para ver se estivestes ben atentos e atentas.
Para facelo, pinchade debaixo da foto.
E agora que xa aprendemos un pouquiño sobre a súa biografía... que vos parece se lemos este conto? Parece entretido!
Pinchade no título debaixo do libro.
Gustouvos? Agardamos que si! Que vos parece se facemos unha pita divertida? Ollade ben estas fotos para facer a vosa:
Seguro que vos queda estupenda!


E despois disto... xogamos en familia?
A PITA CEGA
Despois terá que atrapar un xogador e adiviñar de quen se trata. Se o consegue, ese xogador pasará a ser a Pita Cega.
Pasástelo ben con este xogo? Agardamos que si!
Mirade! Neste cadro de Francisco de Goya, que foi un pintor moi famoso, tamén xogaban á Pita Cega!
A continuación podedes pintar vós mesmos o cadro. Empregade a técnica que queirades, ceras, rotuladores, acuarelas...Ou incluso podedes intentar facer vós un debuxo do cadro orixinal. Seguro que vos queda estupendo!
E xa para ir rematando... que de seguro estaredes cansos, deixámosvos dous traballiños para cada grupo.
Proposta para 3 anos:
Proposta para 4 anos:
Proposta para 5 anos:
E para rematar, deixámosvos este valse primaveral, que é un fragmento dun poema de Carvalho Calero, composto por Uxía. Agardamos que vos guste!
Lembrade que vos queremos moito!
Unha aperta enorme de parte das vosas mestras!
Con motivo da conmemoración do Día das Letras Galegas, déixámosvos o enlace do blog da biblioteca, que ten un reto ben bonito tamén para esta semana. Premede no enlace.
Como dicía Manuel María "Galicia somos nós: a xente e mais a fala”.
Pois nós, a xente do Couceiro, cadaquén dende a súa casa, imos escoller unha palabra galega especial, pola súa sonoridade, polas lembranzas que nos trae, polo que representa...
Entre tod@s faremos unha SEMENTEIRA DE PALABRAS o 17 de MAIO, DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Queredes? Atendede como o podemos facer :
- Escolle a palabra galega especial para ti. Ollade que palabra elexiu Güino!!!
- Nun
folio horizontal escribe a palabra dentro dun gran xigante, dentro dunha
gran semente.Podes darlle cor pero que se vexa ben a palabra con letras
grandes e claras.
- Colle outro folio e tamén en posición apaisada fai un debuxo do que significa para ti esa palabra que queres sementar para que non se perda.
- Cando teñades os dous folios ben rematados mandades as imaxes, escaneadas ou fotografadas a: elefantescouceiro@gmail.com
- Para facer a SEMENTEIRA apañaremos palabras ATA O XOVES 21 DE MAIO Escribide na parte baixa dos folios o voso nome e curso, o alumnado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario