VAIA, VAIA... NON SEI POR ONDE EMPEZAR!.
PRIMEIRO É O SAÚDO. ESO NON SE ESQUECE NUNCA...
COMO ESTÁ A MIÑA TRIPULACIÓN DE ASTRONAUTAS?
SEGUIDES BEN? COIDÁNDOVOS MOITO?.
SEGUIDES BEN? COIDÁNDOVOS MOITO?.
ESO ESPERO PORQUE QUERO VERVOS A TODAS E TODOS BEN GRANDOTES CANDO VOLVAMOS VERNOS.
NON PODERÁ SER NO COLE PERO... QUIZAIS NA RÚA, DANDO UN PASEO... PERO SEN DÚBIDA QUE MÁIS CEDO QUE TARDE, ÍMONOS VER!.
Dicía ao principio que non sabía por onde empezar porque esta foi a miña cara
ao ver a cantidade de cousas maravillosas que estades a facer na vosa casa coa compaña da vosa familia. Non creades!, aínda pasei un anaco longo ASOMBRADA (lembrades esta palabra que tiñamos na asemblea para contestar a Como estou hoxe?). Pois asombrada estiven eu un bo tempo... ata que me puxen a preparar este resumo de todo o voso traballo.
Gozádeo en familia Astronautas!.
IMOS COA HORTA, O MERCADO, A COCIÑA... E MOITO MÁIS!
LEIRE E O SEU IRMÁN TEO AMÓSANNOS O MOITO QUE TRABALLAN NA HORTA DOS AVÓS!
Pero á nosa Astronauta aínda lle queda tempo para... xogar ao badminton!. Mirade que estilazo!. Que se prepare Carolina Marín que Leire ven pegando forte!.
XAN E A SÚA IRMÁ ARA MÉTENNOS GAÑAS DE COMER CON ESTE MERCADO TAN REAL!.
Aquí temos a Xan coa lista da compra que elaboraron entre o seu pai e máis el. Ara que é a vendedora atende dilixente ao cliente dándolle o que lle pide. Vede que ben protexido vai Xan coa súa mascarilla. E os produtos?. Excelentes para facer a comida. Que tan saborosa estaría!. Mirade, mirade!!
JUAN E MANUEL TRABALLARON MOITO COS ALIMENTOS QUE TIÑAN POLA CASA E MIRADE QUE SE LLES OCURRÍU FACER CON ELES!.
Aprendendo, contruíndo e tamén preparando unha saborosa pizza!.
Pero mirade... antes Juan tivo tempo para plantar tomates co seu primo e traballar nas obras. Estavos ben forte!. Non si?.
HÉCTOR POLA SÚA BANDA AMÓSANOS A SÚA SEMENTEIRA DE FABAS E... O SEU SUPERMERCADO!
Ollade que experto agricultor está feito pois esas fabas han medrar tanto como as do conto "Las habichuelas mágicas" e senón... ao tempo!. O mesmo que estas plantas de pataca. Dentro de pouco darán o seu froito e pode venderllas a papá ou a mamá cando vaian ao seu super. El estaos esperando!.

Pero non pensedes que despois de poñer o nome aos produtos, prezos e despachar este rapaz está canso... que va!. Mirade que aínda quixo amosarnos como practicou antes os números e as sumas.
Pura enerxía!.
AQUÍ TEMOS A ALOIA METIDA DE CHEO NO MUNDO DA HORTA!.
Esta venderora sempre ten un sorriso na cara aínda que... seica lle custou un pouquiño "aguantar" a mascarilla pero a estas alturas xan non ten problema para facelo. A práctica da seguridade!. Aquí tedes o seu deseño artístico da horta aproveitando todo o que tiña pola casa. Moi ben escritos eses nomes Aloia!. E tamén se decidíu a experimentar coas sementes, neste caso de cabaza e lentellas. Mirade como lle medraron!. Agora toca pasalas á terra para seguir coidándoas e que den froito. Finalmente amósanos a súa estampación de follas feita con... unha pataca!.

E CARMEN?. CARMEN ANTES DE POÑERSE A COCIÑAR CON PAPI LEMBROU O APRENDIDO NO COLE.
Despois de ver estas fotos e a ilusión con que fai Carmen os traballiños, movede o cursor do PDF e visualizade a reportaxe lendo todo o que nos conta, para saber como gozou do mercado e da gastronomía.
Esta vez as "raíñas maiores" da casa: mamá e a avoa, degustaron un estupendo xantar. O arrecendo chégame ata aquí. Xa ceei pero estame a entrar a fame de novo!.

E aquí temos a outra Astronauta, SOFÍA, QUE TAMÉN COMPARTE CON NÓS O SEUS TRABALLIÑOS. Ben Sofi!.
ADÁN TAMÉN NOS QUIXO AMOSAR TODO O QUE ESTÁ A TRABALLAR ESTES DÍAS!
E tamén nos quere ensinar o debuxo que fixo do seu peluche preferido. Moi ben debuxado Adán!. E agora sabemos que ese peluche que tanto queres é un gatiño. Perfectamente escrito!.
E os traballiños... estupendos!.
E QUEN APARECE POR AQUI?. POIS MARTÍN!. AQUÍ O TEMOS COA SÚA LIBRETA DE TRABALLOS AO AIRE LIBRE E NA CASA.
Ademáis mirade que coidadoso é que revisa os seus traballos con lupa, para que non leven ningún erro e saian perfectos. Ou... será para vervos aos compis?. Pois seguro que tamén!. Hai que poñerse guapos que nos está a mirar!. Ola Martín!!.
E por certo... vou coller a miña lupa!!. Vexo, vexo... están perfectos Martín.

PERO SABELA NON QUIXO DEIXAR SÓ AO SEU COMPAÑEIRO DE MESA E SEGUÍUNO PARA PRESENTARNOS TAMÉN TODO O TRABALLADO NESTES DÍAS.
Moi ben feito Sabela!. A que non foi difícil?.
No hay comentarios:
Publicar un comentario