Boas elefantes!!! Que tal se atopa a miña manda de elefantes??? Espero que moi ben.
Os elefantes viven en mandas, como en familias, e axúdanse entre eles no seu día a día.
Convertéronse en perfectos constructores e, cambiando os bloques por coxíns, fixeron torres chulísima, resolvendo así o 1º reto desta semana:
David rebuscou por toda a casa, colleu os coxín todos e fixo unha torre xigante. É máis alta ca el!!!
Pero moi atentos porque a de Matías tamén é moi alta. Case case, coma el.
Guau!!!, pero a torre de Sálvora tamén é altísima, con 9 coxíns!!

A de Lúa é unha torre amorosa xa que remata cun corazón. Dándonos moitos agarimos para todos!!
E, Elba coa axuda da súa irmán Mariña tamén construiron unha fermosa torre.

Despois de tanto traballar, tanto construir e tanto equilibrio que conseguir. Acabamos cansadísimos, asique... creo que imos coller un destes coxíns e acurrucadiños a eles podemos durmir unha pequena sesta. Chsssssssssssssss!!
Veña, arriba que estes peques xa están traballando outra vez. Seguro que nin un descansiño pequeno lle deixan ás mamis e papís porque agora están moi concentrados facendo traballiños de mesa.
Seguimos co 2º reto desta semana: Construir a palabra familia con diverso material.

Juan tamén nos diseñou unha bandeira coa súa familia, é unha árbore chea de amor e feitas coas pegadas da súas mans. Agora toca "regala" con moito cariño para que siga así de fermosa ao longo dos anos xa que o mási fermoso é a familia sempre xunta.
Xa para rematar a entrada desta semana, deixovos algunhas fotos máis destes peques xogando no mercado ou a cociña, axudando na casa e facendo moitísimas actividades.
Ata a próxima semana!! Seguiremos a facer actividades así de chulis!!
MOITOS BICOS VIRTUAIS PARA TODA A MIÑA MANDA.

No hay comentarios:
Publicar un comentario