Aquí estamos de novo as vosas mestras achegándovos propostas de actividade para esta semana.
Esta vez queremos conmemorar un día moi importante...O 15 de maio, que é o DÍA DA FAMILIA. Por eso, para estes días propoñémosvos unha serie de RETOS PARA REALIZAR EN FAMILIA!!
Antes de nada, imos ver un contiño ben bonito, que nos fala sobre o cariño e o amor, que son sentimentos tan grandes, difíciles de medir!! Eses sentimentos que temos cara as nosas familias: os nosos pais, nais, irmáns, avós e avoas... canto os queremos!!
CONTO: "ADIVIÑA CANTO TE QUERO"
Falando de sentimentos e de amor...deixámosvos tamén unha fermosa canción... E vós, a quen tedes no voso corazón??
CANCIÓN: "EU TEÑO ALGUÉN"
E agora sí...imos propoñervos un RETO para CADA DÍA DA SEMANA.
En cada un deles aparece unha imaxe de exemplo e unha breve explicación. Podedes facer a vosa variante e adaptalo ás vosas posibilidades, o importante é facelo EN EQUIPO, EN FAMILIA! Imós aló!! Ánimo!!!
RETO 1, luns 11 de maio: CONSTRUÍMOS UNHA TORRE DE COXÍNS.
Unha vez construída podemos medila, contar o número de coxíns, as cores que leva, comparar se é máis alta ou mais baixa ca nós... e cubriremos unha fichiña de rexistro co debuxo da torre e os datos. Podedes cubrir esa mesma ficha que vos adxuntamos ou outra que elaboredes vós.RETO 2, martes 12 de maio: FORMAMOS A PALABRA "FAMILIA"
Trátase de formar a palabra con calquer tipo de elemento que teñades pola casa: cubertos, roupa, contos, pezas de puzzles, xoguetes...todo o que se vos ocorra!!
Escribiremos tamén a palabra nun folio (pode ser na ficha que adxuntamos ou nunha que elaboredes vós). En función da idade, e respectando o ritmo de cada nena e neno, poderán repasar, copiar, escribir sós, en maiúsculas ou minúsculas...
RETO 3, mércores 13 de maio: EXPERIMENTAMOS CO ARCO DA VELLA.
Imos realizar un experimento, para o que precisamos:- Un anaquiño de papel de cociña.
- Rotuladores.
- Dous vasos con auga.
Pintamos os extremos do pedaciño de papel coas cores do arco da vella. Metemos cada extremo nun vaso con auga e esperamos con moita paciencia... Parece maxia!!!
Cando xa esté cuberto por completo...retiramos con moito coidado, deixámolo secar e gardámolo! (Neste caso non realizamos ningún rexistro de fichiña en papel, só temos coidado de gardar o pedaciño de papel seco que o imos precisar para outro dos retos).
RETO 4, xoves 14 de maio: XOGUETES RECICLADOS
Neste reto imos construír un xoguete ou xogo con material de reciclaxe. Deixámosvos algunhas ideas na imaxe, aínda que seguro vós tedes moito enxeño para facer creacións marabillosas!! Podedes utilizar infinidade de materiais: caixas, botellas, tapóns, rolos de papel hixénico, calcetíns, vasiños de iogur... Todo o que se vos ocorra!
Neste caso tampouco teremos ningunha ficha de papel...só teremos conta de gardar ben o xogo ou xoguete que creamos!
RETO 5, venres 15 de maio (DÍA DA FAMILIA): CREAMOS A NOSA CÁPSULA DO TEMPO
Este será o último reto da semana, pero non por iso o menos importante! Para levalo a cabo precisaremos decorar por fóra unha caixa calquera que teñades pola casa. Nela meteremos algún obxecto importante para cada membro da familia, creando de este modo un vínculo de unión importante entre toda a familia.
Nesta caixa meteremos tamén todas as cousiñas que fomos facendo ao longo da semana con cada un dos retos: a fichiña da construción de coxíns, a palabra "familia" escrita, o papel do experimento do arco da vella, o xoguete reciclado...
Adxuntamos tamén unha plantilla para crear a lista dos nosos desexos, na que cada membro da familia poderá escribir ou debuxar o seu desexo. Podedes usar esta plantilla ou crear a vosa propia e teredes que metela tamén na cápsula do tempo.
Agora é momento de pechar a caixa con todo esto dentro e poñer unha data para abrila!!
Agardamos que desfrutedes moito coas propostas desta semana.
NESTE CASO AS FICHIÑAS SON XERAIS, PARA TODOS OS NENOS E NENAS DE INFANTIL: SEREAS, PIRATAS, ASTRONAUTAS, ELEFANTES, MOUCHOS E PEIXIÑOS.
Mandámosvos moito ánimo e unha aperta enorme para TODAS E TODOS!!!!!
NON ESQUEZADES BOTAR UNHA OLLADA AOS BLOGS DAS DISCIPLINAS DE INFANTIL QUE COLOCAMOS Á ESQUERDA DESTA ENTRADA.
ESTANVOS ESPERANDO CON ACTIVIDADES MOI DIVERTIDAS!
ESTANVOS ESPERANDO CON ACTIVIDADES MOI DIVERTIDAS!
Graciñas, vaia semana mais "familiar" nos espera, jejeje... imos mans á obra😊😉
ResponderEliminar