jueves, 21 de mayo de 2020

TRABALLIÑOS "COMA NA CLASE" PARA ASTRONAUTAS E ELEFANTES

OLA DE NOVO ELEFANTES E ASTRONAUTAS!.

As vosas profes Lidia e Dámaris seguimos pensando moito en vós e, para achegarvos un pouquiño aos días que compartimos no cole preparamos esta entrada con dúas actividades moi divertidas.

Sabedes?. Ata poderedes ensinarlle a mamá e papá o ben que aprendedes no cole!.

Aínda que para empezar van ser eles os que teñan que manexar o ordenador, como facemos as profes no cole.

Preparados listos... XA!!

Lembrades como xogabamos no cole a adiviñar cun simple vistazo o número de cousas que había nunha foto ou tarxeta?. Este xogo tan divertido chámase SUBITIZAR.

As vosas profes botamos moito de menos adicar un tempiño a este xogo polo que decidimos facervos un, para que poidades practicar en familia. Para xogar tedes que:

- Clicar na pestana de ampliar para poder visualizalo en pantalla completa.

- A primeira diapositiva que vemos é a portada na que nos indica os números que traballamos nela,(1-2-3-4-5-6).Recordade que nunca pode haber un debuxo que teña máis obxetos ca 6 nin menos ca 1.

- Tendes que ser vos os que pasedes as diapositivas para que poidades ir ao voso ritmo. A diapositiva con debuxos só se pode ver uns segundos (SEN QUE TEÑAN TEMPO DE CONTALOS) e cando chegamos á diapositiva do reloxo (podemos botar o tempo que queiramos) e aí, é cando temos que pensar cantos obxetos vimos con antelación e dicir o número.

- NON SE PODE RETROCEDER, así que... papis e mamis, moi atentos vós tamén para poder correxilos. O que si se pode, unha vez feito o xogo, é volver a velo para comprobar as respostas dos nenos e nenas ou retroceder manualmente clicando  na pestana que indica o número de diapositiva é cliclar no número anterior ao que vos atopedes.



Na segunda actividade que vos presentamos trátase de lembrar os números practicados na clase: a PRIMEIRA DECENA e o PANEL ATA O 30. 

Son seis propostas para lembrar, practicar, resolver, aprender e... xogar en familia!.



ATA A PRÓXIMA!. COIDÁDEVOS MOITO!.

 E... ESPERÁMOS OS VOSOS CORREOS!

AQUÍ VOS MANDAMOS 33 BICOS MOI FORTES!.







No hay comentarios:

Publicar un comentario