domingo, 7 de junio de 2020

ACTIVIDADES DOS PIRATAS.





 Ola piratas, qué tal? Como estades? Seguides aí?


Agardo e desexo que sigades ben, que sigades como ata agora cuidandovos moito, desfrutando coas actividades que vamos propoñendo e tamén con moitas outras que facedes coas vosas familias.
Ainda que non nos podamos ver no cole, cando nos vemos e enviades as actividades estamos un pouquiño máis preto, e así podemos compartir as novidades con toda a tripulación do noso barquiño de piratas que tiñamos na aula, recordades?

Despois de pasar todo este tempo na casa por isto do virus, ademáis de ser uns piratas valentes, sodes os capitáns en compañía das vosas familias que coa súa axuda, as propostas das vosas mestras e mestres do cole e o voso enorme esforzo seguides aprendendo e medrando moito.

Son moitas as actividades que estades a facer e tamén a enviarme e sabedes que? 
Poñome moi contenta cada vez que recibo noticias vosas, do moito que estades a aprender ou cando falo con vos.
Lembrades a ilusión que tiñamos cando nos chegaba unha cartiña ao buzón de Boo dende Illa Fantasía?

Pois agora... as cartiñas que chegan son vosas, enviadas con moita ilusión e agarimo. Estades facendoo todos e todas moi ben, levando esta situación da mellor maneira posible, seguide así campions e campionas.

Deixovos unha mostra do que nos envían os vosos amigos e amigas da clase para compartilas todos xuntos. Mirade cantas actividades están facendo os vosos compis, a que están xeniales? Como son moitas...
Vouvos ir ensinando pouco a pouco... xa que neste tempo estivestes traballando tantísimo, comezamos!!

MOHAMED 

Envíanos esta imaxe moi concentrado e decorando o seu peixe.

 

LARA

Outros traballiños que nos ensina Lara son os seguintes.





JONATHAN

Tamén estivo facendo moitas actividades e xogos co seu irmán. Estos son algún dos traballiños e debuxos que nos ensina.

















SOFÍA


Sofía contanos que o pasou moi ben con este experimento.
Primeiro fixo burbullas azuis e despois amarelas empregando unha xiriga. Cando rematou engadiulle máis líquido e...maxia!! 


 Mirade cantas
manualidades fixo na casa: pedriñas decoradas, unha preciosa flor a man alzada, buhos con rolos de papel hixiénico, pegado e rasgado con papeis, dactilopintura e moitas actividades máis.



































Brais, ademáis de participar nas actividades que semanalmente vamos propoñendo tamén nos enviou estas actividades facendo plastilina, repasando as figuras xeométricas e tamén do xogo de pescar os tapóns, que lle gustou moito.


















Marina tamén estivo moi atareada este tempo facendo moitas actividades xunto co seu irmán. Envianos unha mostra dalgunhas cociñando e facendo pan, construindo unha casiña de cartón e axudando moito na casa. Estas imaxes recordanos tamén que para seguir protexendonos temos que levar máscaras e seguir mantendo as medidas de hixiene.












Mateo  tamén nos enviou moitas actividades variadas que foi facendo na súa casiña.






Como vedes, os vosos compis traballaron moito esta temporada e con actividades variadas, polo que agora comezo a ensinarvos as actividades que me chegaron sobre a horta, a familia e as letras galegas. 




ACTIVIDADES SOBRE A NATUREZA!!! 

Os piratas elaboraron as súas ensaladas de círculos, algúns plantaron a súa pequena horta, fixeron actividades manipulativas con legumes, o ciclo das plantas e ata utilizaron as legumes para escribir o nome... mirade canto traballaron! 


BRAIS



























LARA















LOIS







LUCAS



MATEO





SOFÍA
Unha semana despois desta proposta, chegaba a semana da familia,  cantos retos divertidos para desfrutar todos xuntos. Pois aí van os retos acadados dos piratas!

Comeza Mateo ensinandonos a súa torre de coxíns. Primeiro mediuna, logo debuxouna e despois anotou a altura da súa torre, pois si que é altísima!! Outro reto era o de formar a palabra familia e para iso, él utilizou os seus xoguetes, quedoulle xenial. Para finalizar, móstranos o seu experimento do arco da vella.






Agora chega  Lois cos retos que fixo coa súa familia. Primeiro empregou tiza para escribir no chan a palabra e despois co seu irmán foron escribindo os seus nomes. Logo tamén co seu irmán fixo a torre de coxíns e mediuna e para rematar plasmou nun debuxo moitas torres de coxíns.





Chega o turno de Lara que nos ensina os seus retos. Como vedes pasouno moi ben facendo a súa torre de coxíns. Escribiu no chan os nomes da súa familia con pedriñas e tamén fixo o experimento do arco da vella.






Daniela tamén nos amosa que para formar a palabra familia utilizou cereais de chocolate. Qué ricos estaban, non si?


Para rematar as achegas da semana da familia, Brais tamén nos amosa todo o que traballou cos seus retos. Formou a palabra familia con pezas de quebracabezas e xoguetes, formou a súa torre con 8 coxíns e fixo o seu experimento do arco da vella.






Outra das propostas das semanas anteriores, foi a da celebración das Letras Galegas. Entre o alumnado do cole e os profes participamos na "Sementeira de palabras", vichedes cantas palabras sementamos? Quedou precioso, parabéns a todos e todas!!


(Pinchade enriba para acceder)

Os piratas tamén fixeron moitas actividades das propostas para conmemorar o 17 de maio o longo destos días.

Comezamos cos traballiños de XABIER.





MATEO





MARINA



LARA



JONATHAN




DANIELA



BRAIS


LOIS






Parabéns a todos e a todas polos vosos traballiños e tamén as vosas familias que vos axudan tanto!! Qué maiores vades dende que non nos vemos no cole e canto estades a aprender nestos meses, sodes uns campións e campionas. Estou moi contenta de todo o que estades traballando e sigo a espera das vosas achegas das seguintes semanas. 



Marcho ata o próximo día... pero antes, mandovos unha aperta e un bico enorme a cada pirata da miña tripulación. 







1 comentario: