sábado, 6 de junio de 2020

ASTRONAUTAS XOGANDO... E MÁIS!.

COMO ESTADES MEUS ASTRONAUTAS??. 
EU AQUÍ ESTOU, DE NOVO CONVOSCO, PARA SAUDÁRVOS UN SÁBADO MÁIS.
CANTO VOS BOTO EN FALTA!.

ESTO DE LEMBRARVOS E NON PODER VERVOS A TODAS E TODOS BEN XUNTIÑOS NA ASEMBLEA... CÚSTAME UN POUQUIÑO.

PERO AS VOSAS NOTICIAS A TRAVÉS DO CORREO ANIMAN O MEU DÍA E FANME SABER QUE... SEGUIDES AÍ SEMPRE! FELICES!.

 E COMO A FELICIDADE, ALÍ ONDE XORDE, SE CONTAXIA POIS... ASÍ ESTOU DE FELIZ, GRAZAS A VÓS.

E así... brincando de ledicia tamén vos teño algo que dicir: ESTAMOS A REMATAR O CURSO!!. O VERÁN ESTÁ A CHEGAR!!
E aínda que estes días enfriou un pouco o tempo fáltanos moi pouquiño para comezar a ESTACIÓN DO SOL
Lembrades cando na clase iamos marcando no noso calendario as datas importantes a celebrar?. Pois... anímovos a que con mamá ou papá miredes o calendario e marquedes o pouquiño que falta para rematar o cole (porque a pesares de non estarmos xuntos no cole, seguimos a aprender desde os nosos fogares) e comezar as vacacións de verán.

Pero antes de que eso aconteza aínda nos quedan dúas semaniñas de propostas educativas moi divertidas. Así que... non deixedes de seguilas neste blog. 
ÁNIMO QUE XA NON QUEDA NADA! 

Mentres, temos aquí aos Astronautas dispostos a amosarnos as súas aventuras e como non, o seu traballo. COMEZAMOS CON...

MARTÍN!.👏
Nesta ocasión Martín amósanos a súa semana de xogos. Que ben o pasou!. E fixádevos ben que ata lle montou aos seus bonecos unha tele e o libro para mirar no baño. Non lle falta de nada a esta casa de bonecos. Así e todo aínda tivo un ratiño para facer os seus traballiños "coma no cole". Perfecto Martín!.


























E agora TOCALLE A...

ADÁN!.👏
Que nos amosa os seus traballiño. Debeu quedar tan canso que... non tivo forzas xa para aparecer na foto. Noutra ocasión será. Moi bo traballo Adán!.

Tachán, tachán e AGORA...

SABELA!.👏
Ola Sabela!. Que alegría verte!. Estás moi maior!. E... que ben traballaches!. Saudiños de todos nós.

Espérame Sabela que vou eu!. E aquí TEMOS A...

ALOIA!.👏
Desta vez Aloia quere presentarnos a un novo membro da familia... a súa gatiña Vilancha! (puxéronlle ese nome porque a adoptaron o día de San Miguel). Da que ademais formou o seu nome con pinzas. Mirade que bonitiña é!. Agora toca coidala moito Aloia!. 
Tamén nos amosa o seus xogos de auga que aproveitou para facer na praia de Ber. Con ese bo día, levou a súa mochila chea de cousas. Mirade que ben o pasou!.

 
 Aquí ven, AQUÍ VEN...

HÉCTOR!.👏
Adicado en corpo e alma a dar cor a Galicia. Que ben o fixo coas súas acuarelas!. Estupendo!.
 
E rematamos CON...

JUAN!.👏

Que traballou un montón e ata tivo tempo para gozar do seu paseo preferido, baixar á praia de Zopazos para observar os peixes ben de cerca. Despois deixounos coidadosamente no seu fogar: o mar. 
Ah!. Lede o que nos escribíu coas pinzas!. Estanos a saudar. 


 

 E ATA AQUÍ ESTA SEMANA CHEA DE TRABALLO E DIVERSIÓN!. 
PARABÉNS NENOS E NENAS!. 
ESTÁDELO A FACER FENOMENAL!
SEGUIDE ASÍ, COA AXUDA DA VOSA FAMILIA!. 
SODES O MELLOR EQUIPO DO MUNDO!

ATA A PRÓXIMA!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario