martes, 23 de junio de 2020

BO VERÁN ELEFANTES

XA ESTÁ, XA CHEGOU,...
O DÍA DO ESTRENO...
A NOSA PELÍCULA ESTÁ LISTA!!!

Agora sí que sí, rematou o curso. Un curso moi especial e, como era de esperar coa súa merecida despedida, tamén moi especial.  Pero antes de estrear a película que fixemos entre todos quero aproveitar esta última entrada para darvos as gracias. 




Grazas aos meus elefantiños e elefantiñas polo seu interese á hora de realizar os traballiños propostos e por eses sorrisos que sempre vos acompañan e fan máis levadeiros os momentos un chisco complicados.

Grazas ás mamás, papás, avós... grazas a todas as familias que estivéchedes ao pé do cañón, conseguindo unha grande relación familia-escola para que os nosos peques seguisen adiante e poder seguir en contacto todos xuntos, solventando o día a día (a casa, traballo e teletraballo, vendo o blog, facendo algúns xogos e traballiños cos vosos peques,...) e sen decaer.

Estes meses demostráronnos a importancia de manter un contacto estreito familia-escola, axudándonos e reforzándonos uns aos outros. Esta unión é a que permitiu seguir adiante  con este curso tan especial e que os nosos elefantiños e elefantiñas seguisen co seu día a día, cun cole lonxano pero máis cercano ca nunca.  Deixemos que este lazo de amizade siga medrando día a día e seguro que o vindeiro curso aínda se fortalecerá máis, uníndonos como unha grande manda:

A MANDA DE ELEFANTES DO COUCEIRO.


Antes de despedirme, gustaríame deixarvos unhas recomendación para o verán. Por suposto, descansar e xogar moito, desfrutar do aire libre e da familia, ... recargar pilas para o vindeiro curso. 



RECOMENDACIÓN PARA O VERÁN DA MESTRA:



RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN DE GÜINO:




Xa sen máis dilación, despois de tanto esperar... chega o momento tan esperado.

1º Collede o voso ticket.



2º Collede as palomitas.

3º Sentade ben cómodos.




A PELÍCULA VAI COMEZAR!!







BO VERÁN!!!!
 VÉMONOS EN SETEMBRO!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario