Nesta entrada déixovos unha imaxe interactiva na que podedes atopar: o video de despedida, un video con canción e baile do verán, as recomendacións lectoras que Güino nos achega desde a biblioteca do cole e tamén unhas recomendacións de aventuras para o verán que vos preparei con moito cariño.
(pulsade en cada elemento en movemento para acceder)
Esta é a última entrada do curso 19-20. Un curso que comezaba con moita ilusión para os nenos e nenas da aula das sereas e para as súas familias...Unha nova etapa moi especial na que compartimos grandes momentos e aprendizaxes. Aínda que quedaron moitos outros por compartir...seguimos sempre mantendo a ilusión e nunca perdemos de vista os nosos soños.
Sereas, agardo que esta fose para vós unha etapa tan especial como para min...Sempre vos levarei nun pedaciño do meu corazón...Oxalá nunca perdades a ilusión. Quérovos moito!!!!!
Familias, gracias pola vosa acollida, comprensión e apoio.
Ata sempre!!!
Estefi.
No hay comentarios:
Publicar un comentario