Ola, nenos e nenas!! Como estades??
As vosas mestras esperamos que sigades desfrutando dos paseos e gozando co tempo de maior liberdade que temos agora!!
Estamos chegando xa ao remate do curso...
As vosas mestras esperamos que sigades desfrutando dos paseos e gozando co tempo de maior liberdade que temos agora!!
Estamos chegando xa ao remate do curso...
Nesta semana, se estiveramos no cole
iríamos de excursión á granxa-escola de Belelle. Desde
este recuncho queremos achegarvos igualmente ao mundo dos animais da granxa,
así que aquí vos facemos algunhas propostas.
Antes de comezar...aí vai un contiño ben divertido!
Antes de comezar...aí vai un contiño ben divertido!
CONTO: "A VACA QUE PUXO UN OVO"
Gustouvos?? Esperamos que sí!!!
A continuación deixámosvos unha imaxe interactiva na que poderedes aprender moito sobre os animais da granxa pinchando en "ver" e tamén gozar con cancións de animas pinchando en "escoitar"
Como vai a cousiña? Xa vistes un montón de animais que viven na granxa, verdade? Pois agora...que xa sabedes moito sobre eles....imos propoñervos unha serie de actividades para traballar linguaxe, arte, lóxica-matemática, receitas de cociña e xogo...moito xogo!! Imos aló!!!
LUNS:
LINGUAXE!
En primeiro lugar..retámosvos a formar un
acróstico co nome dun animal da granxa. Un acróstico é unha
composición na que as letras iniciais, medias ou finais de cada palabra ou
verso, son lidas de forma vertical e forman un vocablo ou locución. Deixámosvos
unha imaxe como exemplo.
E para seguir traballando vocabulario sobre a granxa achegámosvos a continuación unhas adiviñas!!
ADIVIÑA, ADIVIÑANZA...
MARTES: ARTE!
Hoxe propoñemos facer arte coa temática dos animais: por unha banda podedes facer as manualidades que vos poñemos de exemplo (ou as que se vos ocorran, que xa sabemos que sodes moi creativ@s) e tamén...facer pegadas de animais con chocolate!! Ollo a ver se non se vos escapa algunha lambetada ás pegadas, larpeiriñ@s!

MÉRCORES: LÓXICA-MATEMÁTICA!
(Pinchade en cada arquivo PDF para descargalo)
XOVES: XOGO SIMBÓLICO!
Chegou o día de convertervos en animais facendo caretas, imitando sons e movementos...Tamén podedes ser granxeiros e granxeiras "muxindo" con unha luva ou crear a vosa granxa con animais que teñades pola casa ou cos "recortables" que vos deixamos no PDF adxunto.
(Pinchade no arquivo PDF para poder descargalo)
VENRES: COCIÑA!
Por unha banda deixámosvos un enlace cunha receita de pan sinxela. Animádevos tamén a facer "bocatas" divertidos con formas de animais ou calquera receita con pan que se vos ocorra. Seguro que sodes uns grandes chefs!!
RECEITA PAN (pinchar encima para acceder á receita)
E AGORA... "OS RETOS DO FINDE"
(e de todos os outros días da semana😍😍😍😍😍):
XOGAR , CANTAR, BAILAR, LER, DESCANSAR...DESFRUTAR!!!


NON ESQUEZADES VISITAR OS BLOGS DAS DISTINTAS ESPECIALIDADES QUE TEDES NA MARXE ESQUERDA.
DESPEDÍMONOS ATA A PRÓXIMA SEMANA, NON SEN ANTES MANDARVOS UNHA APERTA E UN BICO ENORMES!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario