sábado, 20 de junio de 2020

OS ASTRONAUTAS... EXPERIMENTANDO COA AUGA!

ESTE ÚLTIMO SÁBADO AMOSAMOS O QUE GOZARON DOUS DOS NOSOS ASTRONAUTAS COA ÚLTIMA PROPOSTA DESTE CURSO: SEMANA DA AUGA.

Nesta entrada irei colgando os traballiños que mandedes logo desta data pois comprendo que a estas alturas, rematado xa o curso, co cansancio acumulado ou a desconexión tan necesaria nestes intres; xa estades máis postos no verán que nas tarefas relacionadas co cole.

DICIRVOS QUE AQUÍ, NO BLOG, SEGUEN TODAS AS PROPOSTAS DISPONIBLES PARA CONSULTALAS OU REALIZALAS CANDO VOS APETEZA.

O correo de astronautascouceiro@gmail.com segue aberto e consultareino unha vez ao mes, durante o verán, por se enviades algunha cousa.

Grazas coma sempre pola vosa colaboración e aquí vos deixo con estes pequenos:

SERGIO!
Decorando cunchas e caracolas pasouno pipa ao igual que co experimento de flota ou afunde. Coa axuda de papá foi recollendo os datos do mesmo. Amósanos os seus traballiños e tamén quere que coñezamos a un "canciño"... case tan grande coma el.
Bo traballo Sergio!.
 
XAN!
Xan e a súa irmá Ara gozaron un montón cos experimentos desta semana!. Vede que ben o pasaron. Aquí nolo amosan. Que gusto da vervos en familia e aprendendo tanto...!.

Bueno meus Astronautas... ata aquí un curso máis do que só nos queda a despedida e os bos desexos para o verán, feitos imaxe e palabra neses vídeos que estades a mandarme.

O dia 23 será a estrea e a partires de aí... a GOZARES DO VERÁN NA COMPAÑA DAS VOSAS FAMILIAS E AMIGOS. 

E... NON ME ESQUEZO!. 
AQUÍ VOS VAN 16 BIQUIÑOS MOI FORTES!

No hay comentarios:

Publicar un comentario