sábado, 13 de junio de 2020

OS ASTRONAUTAS VAN Á GRANXA E SEGUEN A TRABALLAR... EN MOITAS COUSAS!!

TOC, TOC!
PÓDO PASAR?
BOA TARDE MEUS PEQUENOS!
QUE TAL SEGUIDES? 

SEGURO QUE DESEXANDO QUE CHEGUE O BO TEMPO PORQUE CON ESTE FRESQUIÑO... NON PARECE QUE O VERÁN ESTEA TAN PRETIÑO. VERDADE? 
PERO NON VOS PREOCUPEDES. 

O SOL ESTA ESPERANDO A QUE REMATEN AS CLASES, O VINDEIRO VENRES 19, PARA LUCIR CUNHA FORZA ESPECTACULAR, SAUDARNOS, ALUMEARNOS E QUENTARNOS DURANTE OS TRES MESES DE VERÁN. 
VEREDES, VEREDES!.
Nesta entrada, imos gozar coa semana dos Astronautas que nos ensinan o moito que traballaron nas propostas presentadas no blog e noutras actividades do día a día.

DESPEGAMOS!!

🚀 Despegando... SOFÍA!
Aquí a temos traballando moi concentrada no seu escritorio!
Moi bo traballo Sofía!. Desexo que disfrutaras moito cos traballiños e sobre todo que aprenderas... moitísimo!.


🚀 Despegando... JUAN!
Que ademáis nos chega recén estreado un aniño máis. Parabéns por ese 5º aniversario Juan!. Que maior estás xa!. 

E de seguido nos mostra como segue á axudar na casa coa comida, como saca tempo tamén para traballar nas cousiñas do cole e como goza da condución. Estupendo Juan!.










🚀 Despegando!... CARMEN!
Aquí temos a outra pequena Astronauta traballando e amosando o seu traballo sobre Galicia. Moi ben feito Carmen!. De seguro que aprendiches moito sobre a nosa terra.

🚀 Despegando!... HÉCTOR!
Aquí temos a Héctor coas súas propostas de granxa. A el gustaríalle ter un elefante na súa granxa, aínda que sexa moi moi grande... Pero buscou a solución a ese problema e vede que fermoso lle quedou o seu elefante para ter... na súa granxa!. Excelente Héctor!. Coma o resto dos teus traballos.



🚀 Despegando!... ALOIA!
Lembrades que Aloia polo Nadal sempre nos falaba do belén que montaba o seu avó, con regatos e fontes de auga de verdade?. Pois a propósito da nosa proposta da granxa quere achegarnos o belén do seu avó, no que por suposto tamén hai todo tipo de animaliños. Mirade, mirade!!.






E por suposto... non lle falta a súa gatiña "Vilancha" gabeando polo tellado desa casiña. Mirade ben que seguro que a vedes!.














Aloia non esqueceu estudar sobre a nosa terra e aquí a tedes posando coa bandeira e o seu libro, no que poido localizar as provincias onde se atopan moitos dos seus amigos aos que agora por fin, xa pode visitar!. Moi ben pequena!.

🚀 Despegando!... SERGIO!
Aquí tenemos a Sergio que nos amosa esta fermosura de manualidades de animaliños e o moito que traballou nas propostas sobre a granxa. Vede, vede!. Estupendo traballo Sergio!.

🚀 Despegando!... SABELA!
Un gran traballo o que nos presenta Sabela sobre a granxa. Fenomenal Sabela!. Estou segura que o disfrutaches moito.

E ata aquí unha semana máis de estupendo traballo dos Astronautas. 
Parabéns polo voso esforzo e as vosas gañas de aprender!. 
Noraboa nenas, nenos e familias!

FACÉDELO SEMPRE... ESTUPENDAMENTE!

AVISO IMPORTANTE!!!!

NON ESQUEZADES A PROPOSTA QUE VOS LANZAMOS A ASTRONAUTAS E ELEFANTES O PASADO MÉRCORES: 
"ANIMÁDEVOS A FACER ESE PEQUENO VÍDEO DE 30" PARA DESPEDIRVOS DOS COMPIS, DAS FAMILIAS DOS VOSOS COMPIS E DA PROFE". 

SEGURO QUE COMA SEMPRE... O FACEDES FENOMENAL!.

BIQUIÑOS MOI FORTES DA VOSA PROFE E... ATA O PRÓXIMO SÁBADO QUE, AÍNDA QUE XA ESTEAMOS DE VACACIÓNS, VOU SEGUIR PUBLICANDO TODO O QUE ME MANDEDES NESTA ÚLTIMA SEMANA. 
QUÉROVOS MOITO!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario