De tódolos xeitos, estade atentos ao blog, porque aínda haberá máis entradas das diferentes titorías.
E agora...prestade moita atención.
Tendo en conta que o día 8 de xuño se celebrou o Día dos Océanos, e que xa se achega o verán e moitos xa estivestes na praia... que vos parece se facemos un tres en raia con cunchas? e con pedras? Lembrade que estas son as cousiñas que temos que atopar na praia, e axudar a non tirar lixo nela, para coidala e non contaminar.
Podedes decoralas como máis vos guste. De seguro que vos vai quedar ben bonita. Aínda así, deixámosvos unhas ideas de como podedes facelo.
Que tal vos quedou? Agora xa podedes xogar en familia co voso tres en raia!
Seguimos un pouquiño máis? A seguinte proposta tamén está relacionada coa auga! Para isto, deberedes encher un balde con auga, meter varios obxectos e observar se flotan ou non:
-Unha moeda.
-Un lapis.
-Un tapón.
-Unha cortiza.
-Unha pedra.
-Unha cuncha.
Primeiro pensade que é o que vai pasar (se os obxectos que metedes flotarán ou non).
Despois disto, podedes facer esta ficha.
Que tal vos saiu o experimento? Tivestes moitos acertos? De seguro que saiu xenial! E coa auga que vos sobrou...podedes botala nun vaso e poñerlle un papel enriba, se probades a darlle a volta....Maxia!!!! Non cae!!!! Que vos parece? Lembrade que o truco está en encher o vaso de todo, ata arriba.
Como ides? Estades moi cansos? Quizá sexa un bo momento para repoñer forzas! Gustaríavos facer unha receita de xeado? Seguro que vos sae riquísimo! Aí vai a receita e... bo proveito!
Ingredientes:
-Vasos de plástico ou vasos reciclados de iogur
-Paus de xeado ou culleres.
-Froita.
Elaboración (podedes facer de varios xeitos):
1. Preparar o zume de froitas que máis vos guste, verter no vaso, colocar o pau ou culler e meter no conxelador.
2. Triturar a froita que máis vos guste cunha batedeira e mesturar con iogur natural, verter no vaso, colocar un pau ou culler e meter no conxelador.
3. Cortar a froita que máis vos guste e bater, logo engadir zume de laranxa, verter no vaso, colocar un pau ou culler e ao conxelador.
Aquí vos deixamos unha ficha por se queredes secuenciar o proceso.

E agora que xa repuxestes forzas....apetécevos pintar un pouquiño? Neste caso pintaremos soprando! Xa veredes que divertido. Para isto tan só necesitades unha palliña e auga con colorante ou témpera misturada con auga; botádela no papel e... a pintar! Ollade estas fotos:
E xa para ir rematando, propoñemos unha actividade relacionada con este curso, para que nos contedes o que aprendestes, o que máis vos gustou... Podedes facer un debuxo ou escribir.
E agora si, despedímonos dos retos, propostas e traballiños ata o curso que vén!
As vosas mestras desexámosvos que pasedes un FELIZ VERÁN!
No hay comentarios:
Publicar un comentario