OLA!!!!!
Xa estamos por aquí as mestras Dámaris e Lidia coas nosas propostas de traballiños coma os do cole.
Aínda que estamos emocionadas coa proposta que vos imos propoñer, tamén estamos un pouco tristes xa que está será a ultima suxestión de traballiños específica para Astronautas e Elefantes, pois o curso está a piques de rematar.
Este terceiro trimestre foi algo excepcional, nunca vivido até o momento e que nos impedíu gozar da compaña dos nosos pequenos e pequenas Astronautas e Elefantes.
Aínda que a nosa intención foi cubrir a demanda de todas as familias con propostas variadas e, esperamos de corazón que o conseguísemos; quedounos unha pequena "espiña cravada" por non poder achuchar e desexarlles aos nosos peques un bó verán e un remate de curso cunha grande festa (como acostumábamos a facer e coma eles se merecían) polo que vos lanzamos esta proposta:

PEQUENO VIDEO (30 SEGUNDOS)
DE DESPEDIDA DOS COMPIS DO COLE E DAS MESTRAS.
DE DESPEDIDA DOS COMPIS DO COLE E DAS MESTRAS.
Pretendemos que poidades despedirvos de todos e todas os compis da clase e do cole, das familias e das vosas mestras, ao mesmo tempo que nós tamén o faremos de todos vós.
E, aínda que a festa e os achuchóns quedan pendentes para setembro, tentaremos facer un bonito remate de curso.
E, aínda que a festa e os achuchóns quedan pendentes para setembro, tentaremos facer un bonito remate de curso.
Elefantes, astronautas... vos sabedes o que son 30"??
Seguro que algún de vós xa llo está preguntando a papá ou mamá. Para axudarvos a entender o que son 30" propoñémosvos tres actividades ABN chulísimas que vos axudaran a calcular 30 segundos.
E, como Lidia e Dámaris sempre estamos a pensar como podemos relacionar contidos para aprender o máximo posible... engadímosvos un pequeno pdf para que os vosos fillos e fillas coñezan, coa vosa axuda, os pasos que son precisos para poder rodar unha película ou video ao mesmo tempo que traballamos un pouco de lecto-escritura.
Se os seguides de seguro que vos vai quedar un vídeo... chulísimo!!

ESPERAMOS VERVOS PRONTO!!
Lembrade que o vindeiro martes 16 o mércores 17 estaremos toda a mañá no colexio para que poidades recoller os traballiños dos vosos fillos e fillas. moitos bicos para todos vós, familias e peques.
Lembrade que o vindeiro martes 16 o mércores 17 estaremos toda a mañá no colexio para que poidades recoller os traballiños dos vosos fillos e fillas. moitos bicos para todos vós, familias e peques.
No hay comentarios:
Publicar un comentario