NOVO CURSO ESCOLAR 2020/2021!
As mestras que conformamos o Equipo de Educación Infantil queremos saudárvos desde este primeiro día de setembro. Aquí estamos preparando con ilusión un novo curso no que pedimos compartir con todos vós: forza, ánimo e saude.
Retomamos o noso blogue coas novidades que este inicio de curso nos trae e que aquí vos expoñemos. Son xerais para todo o centro pola posibilidade de teres fillos ou fillas noutros niveis educativos.
Co paso dos días e ata o comezo do curso iremos publicando información do voso interese. Así que... non nos perdades de vista!.
Sempre adiante familias!.

Debido á aplicación do protocolo de adaptación á situación Covid19 no curso 2020/21, quedan ANULADAS todas as reunións presenciais programadas. A entrega do material de 1º e 2º EP prevista para o 4 de setembro tamén queda cancelada.
A través da páxina web. facebook, blogs de aula e/ou Abalarmóbil xa se vos irá informando do material que teñen que traer o primeiro día de clase.
INICIO DAS CLASES:
As clases comezarán os días 11 e 14 de setembro en función do nivel educativo, por ser o 10 de setembro festivo local.
- ALUMNADO DE 4º EI (3 ANOS).
O alumnado de 4ºEI seguirá o plan de adaptación remitido por correo postal durante o verán. É obrigatorio o uso de máscara, respectar a distancia de seguridade e que veña só un acompañante, que non sexa unha persoa de risco, por alumno/a.
- RESTO DO ALUMNADO:
O día 11 de setembro empezará o alumnado de 5ºEI (4 ANOS), 1ºEP, 2ºEP e 3º EP nos horarios que vos poñemos a continuación.
Os servizos de transporte e comedor funcionarán dentro das pautas desta "nova normalidade" que vos pasaremos nos vindeiros días.
• Ás 9.30h incorporarase o alumnado de 3ºEP pola entrada principal do colexio. Agardaredes no peirao, fóra do recinto ata que vos chamemos. É obrigatorio o uso de máscara, respectar a distancia de seguridade e que veña só un acompañante, que non sexa unha persoa de risco, por alumno/a. A hora de saída pola porta principal será ás 13.45h.
• Ás 10.30h incorporarase o alumnado de 2ºEP pola entrada principal do colexio. Agardaredes no peirao, fóra do recinto ata que vos chamemos. É obrigatorio o uso de máscara, respectar a distancia de seguridade e só un acompañante, que non sexa unha persoa de risco, por alumno/a. A hora de saída será pola porta principal ás 13.40h.
• Ás 11.30h incorporarase o alumnado de 5ºEI (4 ANOS) pola entrada principal do colexio. Agardaredes no peirao, fóra do recinto ata que vos chamemos. É obrigatorio o uso de máscara, respectar a distancia de seguridade e só un acompañante, que non sexa unha persoa de risco, por alumno/a. A hora de saída será para 5ºIA ás 13.15h. e para 5ºIB ás 13:20h.
• Ás 12.30h incorporarase o alumnado de 1ºEP pola entrada principal do colexio. Agardaredes no peirao, fóra do recinto ata que vos chamemos. É obrigatorio o uso de máscara, respectar a distancia de seguridade e só un acompañante, que non sexa unha persoa de risco, por alumno/a. A hora de saída será ás 13.35h. pola porta principal
AVISO IMPORTANTE:
Na páxina web, no Facebook, blogs de aula e través de Abalarmóbil, colgaremos un dossier coa información correspondente a este inicio de curso. Nesa información irá incluída unha DECLARACIÓN conforme recibistes a información pertinente, que cada familia deberá traer asinada ese primeiro día de curso. Aquelas familias que non poidan imprimir esta declaración, terán o modelo impreso nunha mesa á entrada do recinto escolar nos días anteriores ao inicio das clases.
O día 14 de setembro empezará o alumnado de 6ºEI (5 ANOS), 4ºEP, 5ºEP e 6º EP nos horarios que vos poñemos a continuación.
Os servizos de transporte e comedor funcionarán dentro das pautas desta "nova normalidade" que vos pasaremos nos vindeiros días.
• Ás 9.30h incorporarse o alumnado de 6ºEP pola entrada que está ao lado do pavillón . Agardaredes no peirao, fóra do recinto ata que vos chamemos. É obrigatorio o uso de máscara, respectar a distancia de seguridade e só un acompañante, que non sexa unha persoa de risco, por alumno/a. A hora de saída será ás 13.45h pola porta do lado do pavillón.
• Ás 10.30h incorporarase o alumnado de 5ºEP pola entrada que está do lado do pavillón. Agardaredes no peirao, fóra do recinto ata que vos chamemos. É obrigatorio o uso de máscara, respectar a distancia de seguridade e só un acompañante, que non sexa unha persoa de risco, por alumno/a. A hora de saída será ás 13.40h pola porta do lado do pavillón.
• Ás 11.30h incorporarase o alumnado de 6ºEI (5 ANOS) pola entrada principal do colexio. Agardaredes no peirao, fóra do recinto ata que vos chamemos. É obrigatorio o uso de máscara, respectar a distancia de seguridade e só un acompañante, que non sexa unha persoa de risco, por alumno/a. A hora de saída será para 6ºIA ás 13.25h. e para 6ºIB ás 13:30h.
• Ás 12.30h incorporarase o alumnado de 4ºEP pola entrada que está do lado do pavillón. Agardaredes no peirao, fóra do recinto ata que vos chamemos. É obrigatorio o uso de máscara, respectar a distancia de seguridade e só un acompañante, que non sexa unha persoa de risco, por alumno/a. A hora de saída será ás 13.35h. pola porta do lado do pavillón.
AVISO IMPORTANTE:
Na páxina web, no Facebook, blogs de aula e través de Abalarmóbil, colgaremos un dossier coa información correspondente a este inicio de curso. Nesa información irá incluída unha DECLARACIÓN conforme recibistes a información pertinente, que cada familia deberá traer asinada ese primeiro día de curso. Aquelas familias que non poidan imprimir esta declaración, terán o modelo impreso nunha mesa á entrada do recinto escolar nos días anteriores ao inicio das clases.
No hay comentarios:
Publicar un comentario