viernes, 18 de septiembre de 2020

Seguimos!

Esta semana xa estivemos máis horas no cole, e o resultado foi moi positivo! Descubrimos que podemos saír ao patio e, a pesar de que este curso están recollidas as casiñas, gustounos moito este novo espazo, no que teremos que pensar en xogos divertidos e de movemento.
 
Ademáis, empezamos a facer algún traballiño, como veredes nas fotos, esforzáronse moito.

E como non, tamén nos deu tempo de xogar moito e ir descubrindo os novos espazos da aula, que irei cambiando ao longo do curso (como iredes vendo, os diferentes xogos proporciónannos grandes aprendizaxes, tales como o desenvolvemento da motricidade fina e grosa, a creatividade, imaxinación, a orientación espacial, a coordinación de movementos, a estimulación visual e do sentido cromático, a socialización  ou o xogo simbólico).

Déixovos unha pequena mostra da nosa primeira semana!


PARA A SEMANA QUE VÉN, PODEDES MANDARLLES A PARVA DESDE O LUNS, DADO QUE QUEDAN XA VARIAS HORAS NA ESCOLA.


































































4 comentarios:

  1. Que chulada profe! Estamos muy contentos con todo lo que hacéis. Sobre todo viendo que nuestros hijos disfrutan aprendiendo.
    Las fotos geniales.

    ResponderEliminar
  2. Que ben o pasan! E canto disfrutan traballando!

    ResponderEliminar
  3. Pero qué marabilla!! Grazas profe!!!

    ResponderEliminar