Esta semana xa estivemos máis horas no cole, e o resultado foi moi positivo! Descubrimos que podemos saír ao patio e, a pesar de que este curso están recollidas as casiñas, gustounos moito este novo espazo, no que teremos que pensar en xogos divertidos e de movemento. Ademáis, empezamos a facer algún traballiño, como veredes nas fotos, esforzáronse moito.
E como non, tamén nos deu tempo de xogar moito e ir descubrindo os novos espazos da aula, que irei cambiando ao longo do curso (como iredes vendo, os diferentes xogos proporciónannos grandes aprendizaxes, tales como o desenvolvemento da motricidade fina e grosa, a creatividade, imaxinación, a orientación espacial, a coordinación de movementos, a estimulación visual e do sentido cromático, a socialización ou o xogo simbólico).
Déixovos unha pequena mostra da nosa primeira semana!
PARA A SEMANA QUE VÉN, PODEDES MANDARLLES A PARVA DESDE O LUNS, DADO QUE QUEDAN XA VARIAS HORAS NA ESCOLA.
Que chulada profe! Estamos muy contentos con todo lo que hacéis. Sobre todo viendo que nuestros hijos disfrutan aprendiendo.
ResponderEliminarLas fotos geniales.
Que ben o pasan! E canto disfrutan traballando!
ResponderEliminarPero qué marabilla!! Grazas profe!!!
ResponderEliminarGracias por las fotos!
ResponderEliminar