Este ano, para celebrar o DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, dentro da clase dos elefantes fixemos fincapé na importancia de estar todos unidos cara un fin, para conseguir unha meta, para poder vivir nunha sociedade na que todos sexamos iguais (homes, mulleres, nenos, nenas,...) que todos teñamos os mesmos dereitos pero, tamén as mesmas responsabilidades.
Os elefantes do Couceiro queremos unha sociedade na que vivamos felices, sen medo á violencia de ningún tipo, unha sociedade na que todos xuntos sexamos unha soa, na que nos axudemos, nos protexamos uns aos outros sen importar quen sexamos.
Partimos dun conto que sucede nunha pequena vila.
"Na vila había unha ponte para poder cruzar un río pero, non era un río calquera, era un río no que vivía un mostruo tenebroso, chamado "VIOLENCIA", esas augas estaban enfeitizadas. Todas as persoas que tocasen aquela auga volveríaselles escuro o seu corazón, serían violentas e arrasarían con todo o que tocasen.
O monstruo Violencia estaba enoxado, todas as persoas da vila eran boas, todos se trataban ben, asique... unha noite de lóstregos enfureceu e rompeu a ponte. Os habitantes de vila estaban atrapados, como cruzarían á outra beira do río, non podían nadar xa que... a violencia inundaría a vila.
As nenas e nenos da escola estaban moi preocupados e, entre todos idearon un plan. Farían uns barcos de papel para poder cruzar o río. Unha vez feitos, uniron uns barcos con outros e cruzaron o río todos agarrados da man (nenos e nenas, mulleres e homes,...) todos coma un só.
Así o fixeron, e o mostruo Violencia comprendeu que non tiña nada que facer naquela vila, xa que non importaba quen fose o teu veciño ou veciña, quen fose con quen te cruzases pola rúa, non importaba se fósen homes ou mulleres, non importaba o xénero de cada persoa, senón a persoa en sí. Asique, decidiu viaxar a outro río.
Tende moito tino, xa que non se sabe para que río foi vivir este monstruo, pode ser o da vosa vila. Loitade sempre contra él con todas as vosas forzas, todos unidos."
Escoitamos e aprendimos esta pequena canción, que fai un pouco de referencia á ponte do conto:
No hay comentarios:
Publicar un comentario