jueves, 12 de noviembre de 2020

MAGOSTO E PEÓN

 Coma todos os anos por estas datas, celebramos o MAGOSTO e o PEÓN. 

Este ano, a celebración será a nivel aula, non podemos mesturarnos coas outras clases pero eso, non nos impedirá celebrar esta festa popular. Asíque imos aló.




A nosa compañeira Elba trouxo un COLAR DE ZONCHOS que fixo na casa coa súa nai. Viña guapísima, senón fixádevos na foto e veredes como teño razón:


Contamos os zonchos que tiña no colar, eran... acordádesvos?? podedes volver contalos na foto. Si,  ERAN 7 ZONCHOS, moi ben!!


Logo, na clase tamén fixemos un colar de zonchos nunha fichiña e tivemos que poñerlle os números ás castañas. Hai xa había máis zonchos, eran 20. 




Durante a hora da merenda degustamos castañas, pero como este ano non se podía compartir, cada neno e nena tivo que traer as súas castañas xa da casa.



ESTABAN DE RECHUPETE!!


E como en toda celebración, non pode faltar o brindis todos xuntos.




Despois do patio, puidemos coller os nosos PEÓNS e sair a bailalos, ou mellor dito a intentalo porque cústounos un pouquiño. Menos mal que se achegou Diego e explicounos como se facía. Así comezou a saír un pouco mellor. A verdade é que o pasamos xenial!!






No hay comentarios:

Publicar un comentario