Estes días na clase dos Piratas estivemos descubrindo novos materiais e introducindo novas rutinas.
Estamos empregando algúns materiais do método Montessori, ideado por María Montessori que se caracteriza por estar centrado e basado no desenvolvemento do neno.
Aquí nos vedes traballando cos bastidores. Forman parte da área de vida praáctica e con eles practicamos habilidades para a nosa autonomía, tales como abotoar, subir unha cremalleira, ....
Torre rosa: forma parte da área sensorial do método e con ela traballamos o desenvolvemento visual, os tamaños, a concentración e a orde.
Cilindros de botón: con este material traballamos a percepción visual, xa que os cilindros diferencianse só no seu tamaño e diametro. Ademáis traballamos a motricidade fina co seu agarre de botón.
Números de lixa. A través do tacto traballamos a grafia dos números.
E tamén estrenamos o "Recuncho do tempo", no que cada día o encargado ou encargada esperta e saca da cama ao día da semana que toca e coloca a boliña no seu vaso segundo como estea o tempo.
Pouco a pouco iremos introducindo novos materiais, así que xa vos iremos contando!
Canto aprenden, da gusto velos!!😍
ResponderEliminarGracias por compartir las actividades de clase!
ResponderEliminar