jueves, 24 de diciembre de 2020

BO NADAL



TEMPO DE NADAL




Durante todo o mes de Decembro comeza a inundar as rúas e as casas un espíritu Navideño moi especial. E, na nosa clase tamén, comezamos a facer traballiños Navideños, a decorar as ventás, a cantar panxoliñas, a preparar o baile de Nadal,... 









DECORACIÓN DE NADAL: agradecer a todas as familias a vosa participación. Coma todos os anos fixemos unha árbore de nadal preciosa para dornar a nosa escola, unha árbore feita con moito tenrura polas familias dos nenos e nenas de educación infantil e que este ano decoraron a aentrado do cole para que todos puidésedes velas. As botellas luciron así de preciosas. MOITAS GRAZAS FAMILIAS












CARTA PARA PAPÁ NOEL, O APALPADOR OU OS REIS MAGOS:  coma todos os anos, os nenos e nenas da clase dos elefantes escribiron as súas cartas para pedri os seus desexos de Nadal pero, este ano tan especial, ademáis de xoguetes (que seguro que tamén queren) pediron uns agasallos moi especiais (que non se mercan con diñeiro): ESTAR COA FAMILIAS, COS SERES QUERIDOS E PODER DARLLES MOITOS ABRAZOS.
Por mor do COVID-19 non puideron vir os paxes ao cole pero, non vos preocupes porque a mestra Lidia achegou con moito gusto, as vosas cartas ao buzón para que chegaran a tempo ao seu destino.







BAILE DE NADAL: Como este ano non puidéchedes acceder á nosa actuación de Nadal, deixámosvos aquí o baile dos elefantes e astronautas feito en unión, pero este ano, con medidas COVID polo medio.


No seguinte enlace, podedes ver o resto das actuacóns do cole. Agardamos que vos gusten!



FELICITACIÓN DE NADAL: este ano, os elefantes queren desexarvos a todos as mellores vacacións de Nadal do mundo e unhas felices festas.






BINGO NAVIDEÑO: Este ano, para facer un remate de trimestre e de ano moi especial, decidimos xogar ao bingo, un bingo con figuras do Nadal. Pasámolo xenial! Todos gañamos ao poder xogar xuntos pero... a gañadora da estrela de Nadal foi Lúa (por ser a primeira en cantar BINGO, perdón, en cantar NADAL).








OS MEUS SINCEROS DESEXOS DE SAÚDE PARA TODAS AS FAMILIAS DO COUCEIRO, este ano demostrounos que con saúde todo o demáis pódese conseguir, que con saúde podemos perseguir e loitar os nosos soños de felicidade. A saúde e a presenza dos nosos seres queridos son o que nos dá forzas para seguir adiante.

BO NADAL E PRÓSPERO FELIZ 2021.





No hay comentarios:

Publicar un comentario