lunes, 11 de enero de 2021

BENVIDO 2021!!

Aquí estamos de novo iniciando un tramo máis da nosa andaina neste curso tan especial, o segundo trimestre. Con esta entrada, os nenos, nenas e mestra da aula dos Astronautas queremos amosarvos un pequeno resumo de como se desenvolveu o primeiro trimestre.

"Desde o comezo, tanto a mestra, as nenas e nenos e as familias puxemos todas a nosas esperanzas en ir superando cada día as dificultades que a situación nos presentou. Con gran esforzo e responsabilidade por parte de todos superamos cada un dos días vividos. 

Coa esperanza de que no comezo de ano e no que resta de curso sigamos COIDÁNDONOS UNS AOS OUTROS enfrontamos este novo tramo da nosa viaxe en 5 anos. Confío en que todo irá ben porque XUNTOS, FARÉMOLO POSIBLE".


RECIBIMOS A ESTE ANO CO NOSO "ABRAZO AMIGO".

Dado que no tempo que corre non podemos achegarnos para saudarnos, os Astronautas, logo de poñer en común as nosas protostas inventamos un saúdo que cada día, nada máis entrar na clase, repetimos. Aquí o tedes:


ACHEGÁMONOS AOS COMPIS E ÁS NOVAS RUTINAS DE TRABALLO.

Empezamos o cole con caloriña e xogando de novo todos xuntos no patio e tamén no ximnasio pois o coronavirus non nos deixa compartir espacio cos nosos amigos os Elefantes. Certamente unha mágoa!
Preparamos os nosos maletíns con todo o que necesitamos para seguir aprendendo.
Na aula manipulamos e aprendemos por recunchos sen movernos da nosa mesa pois, cada grupo-mesa, temos un moble cos materiais que precisamos.

DIFERENTES ACTIVIDADES COAS QUE APRENDEMOS.

Cos ollos ben abertos, os oídos ben atentos e as mans sempre dispostas imos aprendendo.


GÜINO ACOMPAÑA O NOSO CAMIÑAR.

Este curso Güino segue a invitarnos a ler coa nosa familia e aquí nos tedes recollendo o maletín cunha morea de libros que nos farán soñar ao grande.
Tamén quere que coñezamos máis sobre a nosa vila, aproveitando o 750 aniversario da sua fundación, e para iso nos invita a investigar sobre os monumentos que Pontedeume posúe. Estade atentos pois neste trimestre ímonos poñer... mans á obra!
CON NOVEMBRO CHEGOU O SAMAÍN, O MAGOSTO E O PEÓN.

Para presentar as actividades relacionadas con este mes tan especial en Galicia, comezamos traballando o conto de "Fiz, o coleccionista de medos"
Aquí tedes a explicación da nosa produción, para o libro que estará a disposición de todos na biblio do cole "O xardín do pasatempo" e que podedes ver neste vídeo.
 
As nosas cabazas luciron este ano espectaculares, coma sempre, e aquí nos tedes ao seu carón gozando do traballo de todos os compis e das súas familias. Grazas pola vosa participación familias!.




O momento das "lecturas a escuras" acompañaron este día festivo no que, ademais de ollar os libros da nosa biblio, poidemos escoitar a narración do conto "Kiwi, un paxaro máis ben raro" nun libro cheo de cor que nos fala da importancia de respectar as diferencias e de como estas nos enriquecen. Neste vídeo podedes lembrar o conto:

E como remate deste mes degustamos as castañas asadas que trouxemos da casa e tentamos bailar os nosos peóns. Énos un pouco complicado pero seguimos a intentalo e de seguro que en primaria... conseguirémolo!.
CELEBRAMOS OS ANIVERSARIOS.

Imos medrando!. Lembrades cando empezamos no cole?. Pois en pouco tempo estamos en primaria.
Parabéns PEQUERRECHOS e a seguir medrando!
E CHEGOU... NADAL!.

A data máis agarimosa de todo o curso, chegou coa ledicia de participar en familia da elaboración do noso adorno para a decoración da nosa árbore de nadal. Este ano foron varias árbores e moi especiais que nos repartimos, para adornar, todas as familias de infantil. Mil grazas pola vosa ayuda!.
Aquí nos tedes lucindo os nosos adornos a carón da amizade entre todos e todas, que manifestan os nosos barquiños conmemorativos do 25N e diante da nosa Arbore de Nadal.
Para rematar o trimestre non podía faltar a nosa actuación de Nadal que con tanta ilusión preparamos. Ollade o vídeo e... un aplauso fortísimo para os protagonistas!.
E o último día antes das vacacións rematamos a xornada, primeiro reflexionando sobre o bos que fomos durante este ano e, debuxando os nosos desexos para este Nadal nestas cartas que a profe se encargou de introducir persoalmente no Buzón Real! 
e máis tarde cun Bingo navideño moi orixinal e vendo unha peli... de Nadal!.

PREPARADOS, LISTAS... XA!!.

Seguimos a loitar contra o COVID-19!. Con moita forza. Ánimo familias!.


No hay comentarios:

Publicar un comentario