viernes, 29 de enero de 2021

PIDE UN DESEXO...

 Cada vez que unha Vaquiña vén á escola despois de varios días na casa, celebrámolo, poñémonos moi contentos/as  de volver a vernos. Quizá por iso hoxe o desexo para o Día da Paz de Luís foi poder volver ao cole e xogar cos compañeiros/as e a profe. Porque iso foi o que fixemos, pintar un dente de león para poder pedir desexos cheos de Paz... e tamén de saúde. Como veredes nas fotos, o nivel de concentración nesta actividade foi absoluto! e o resultado non pode ser máis bonito. Ao longo da semana, tamén decoramos pombas e escribimos a palabra Paz no encerado, comprobamos que tiña moi pouquiñas letras e que xa as coñeciamos, porque as conteñen algúns dos nosos nomes. Seguindo con esta celebración,  lemos o conto "Mezclados. Una historia de colores", no que se transmiten valores como a amistade, a igualdade ou a unión, tan importantes hoxe e sempre. E despois da súa visualización, nós tamén misturamos cores e comprobamos o resultado (moito nos gusta experimentar!!).

Déixovos tamén varias lecturas que trouxeron as Vaquiñas  Anahí, Diego, Mariña e Aine, e coas que estivemos súper atentos/as. E unhas fotos dos nosos cuños invernais que nos serviron para contar e disfrutar moito.















































































2 comentarios:

  1. xsaqctgh7uio Isto, segundo Aine, quere dicir: "Gustounos moito o que nos fixeche!"

    ResponderEliminar
  2. Entendino perfectamente, hehehe!!! E canto me alegro!!!

    ResponderEliminar