sábado, 6 de febrero de 2021

CASE QUE...NO ENTROIDO!

Aquí estamos os Astronautas, a un mes de comezado o segundo trimestre, iniciando os preparativos para o noso entroido. 

Imos amosar como foron estes días desde que voltamos do Nadal.

UNHA NOVA ASTRONAUTA!

Nos primeiros días de cole recibimos con moito agarimo a unha nova Astronauta. Chámase Eimy e xa forma parte do equipo "Científicas e investigadores". O primeiro foi presentármonos e máis adiante, aproveitando que a mestra lle sacou unha foto para marcar o seu material, a tarta dos aniversarios, o panel de encargados... quixemos coñecela sen máscara e, aínda que foi a traverso do cristal do gran ventanal da aula, ao vela todos exclamamos... que guapa!!. BENVIDA AO COUCEIRO FREIJOMIL!, BENVIDA Á AULA DOS ASTRONAUTAS!.

                        

FACÉMONOS MAIORES!

Algúnhas de nós ímonos achegando aos 6 aniños e xa empezan a caernos os dentes. A Carmen caéulle un dente nas vacacións de Nadal e a Sabela cando ía tomar a parva. Para elas non era o primeiro dente en caérlles porque no verán tamén lles caera algún máis. Observamos, a traverso do cristal, como era iso de estar desdentadas e o certo que... chamounos moito a atención!. Lembramos o conto do Rato Pérez, as nosas compis cubriron a ficha do Clube de Ratón Pérez e recitaron a poesía de Ratón Pérez porque... ese rato tan simpático sempre ven, cargadiño de sorpresas!.

                                                          

















DIFERENTES ACTIVIDADES

Coas vacacións de Nadal comezou o inverno e para ambientar a nosa clase decidimos experimentar facendo... FOLERPAS DE NEVE!. E o certo é que de verdade sentimos verdadeiro frío cando a faciamos porque este inverno comezou frío, frío... 
Usamos cola braca sobre un modelo cuberto de plástico, sal e purpurina. 
Practicamos a COMPOSICIÓN DE PALABRAS E AS GRAFÍAS DAS VOGAIS EN MINÚSCULA cos materiais do noso kit de lecto-escritura. As palabras que máis nos gustan son os nomes da nosa familia. 
E como xa imos moi avanzados nas operacións e recoñecemento de números na táboa do 100 comezamos a practicar e recoñecer os VECIÑOS DE UN NÚMERO tendo en conta o ANTERIOR (-1), O POSTERIOR (+1), O SUPERIOR (-10) E O INFERIOR (+10). Seguimos a practicar a grafía pautada do número 8 e a reforzar a dos anteriores xa coñecidos, ademais de coñecer aos seus COMPLEMENTARIOS E AMIGOS. 
 

DÍA DA PAZ

O alumnado da clase dos Astronautas e as nosas familias quixémonos unir á conmemoración escolar do Día da Paz e non violencia e para iso ilustramos as nosas pombas da paz cunha carga de alimentos que nos gustaría doar a quen nestes momentos sufre a escaseza dos mesmos.

PREPARANDO O ENTROIDO.

Achégase o entroido e coincidindo con esta data estamos a dar comezo ao noso Proxecto sobre Pontedeume, Vila Medieval
Güino hai tempo escribíunos unha carta invitándonos a coñecer os monumentos da nosa vila pero... queremos empezar situándonos. 
Partimos de que hai 750 anos que se fundou Pontedeume. Así que... facendo unha operación matemática situámonos no ano 1270. A esa época da historia chámaselle Idade Media (xa nos empeza a soar aquilo de Feira Medieval!!)
Para coñecer o que acontecía hai tantísimos anos visualizamos este vídeo: 

 

Agora tócanos investigar sobre: Que cousas medievais ten Pontedeume?


XUNTOS, IMOS APRENDER MOITÍSIMO!!. VEREDES.

Mentres o facemos, preparamos o adobío para que o venres o noso disfrace de medievais loza ben fermoso. Este medallón.
E mentres ese día se achega o esquelete Manolo invítanos a pasar unha semana divertida cos seus mandadiños.
Aquí o tedes con esta invitación, como cada ano, colgada do seu pescozo. Mágoa que desta volta non o teñamos en persoa, na entrada do cole, para ir saudalo cada día.
O LUNS NA CABEZA,
POÑERÁS ADORNOS MOI VARIADOS,
O ENTROIDO XA ESTÁ AQUÍ,
ANÍMATE E VEN DISFRAZADO!


No hay comentarios:

Publicar un comentario