A VIDA RENACE XUNTO COA NOVA ESTACIÓN E APROVEITO PARA AGRADECERVOS, FAMILIAS DOS ASTRONAUTAS, A VOSA IMPLICACIÓN E ESFORZO NESTA DURA ETAPA DO CURSO.
AS NOSAS FORZAS SON AGORA MAIORES! PORQUE... "SOMOS LO MÁS".
Avanzado un tramo máis deste curso, os Astronautas, achegamos nesta entrada unhas pinceladas da nosa vivencia na aula durante este trimestre.
AS NOSAS ASTRONAUTAS SEGUEN A MEDRAR PORQUE... PERDEN OS DENTES!
Mirade que orgullosas se mostran Aloia e Carolina por ter perdido cadanseu dente. Con máis ledicia recibiron os agasallos do Ratiño Pérez. Xa están enchendo os seus petos!
Na primeira entrada deste trimestre adiantabamos que Güino nos tiña invitado a descubrir Pontedeume polo 750 aniversario da súa fundación como vila.
Para estudar o noso pobo e, de xeito virtual por mor do Covid, comezamos por compartir a vivencia medieval que temos del lembrando a súa Feira Medieval.
Xa de volta na aula iniciamos o estudo "do noso camiñar coma humanidade".
Porque non podemos valorar o presente, sen coñecer o pasado e construír así o futuro.
Puxémonos mans á obra para elaborar a nosa Liña do tempo: a partires da visualización duns vídeos estupendos compartimos e lembramos cousas que xa sabiamos. O resultado foi a confección deste estupendo "abano do tempo".
Aquí tedes os vídeos cos que traballamos por se queredes ollalos en familia. A nós... gustáronnos moito!
ESTUDAMOS A HERÁLDICA DE PONTEDEUME.
Astronautas e Elefantes achegámonos a coñecer de xeito virtual os escudos da nosa vila.
Son parte do noso pasado e sinal de identidade cos que lembramos as familias importantes do noso pobo alá pola idade media.
Silvia, que traballa de guía turística no torreón, explicounos estupendamente os escudos máis representativos de Pontedeume e... moitas máis cousas interesantes.
Aquí nos tedes moi atentos:
Agora estamos desexando participar, o mércores á volta das vacacións, na visita presencial polas rúas da nosa vila e comprobar así cos nosos ollos todo o explicado por Silvia.
COMEZAMOS A CUMPRIR... 6 ANOS!
Parabéns aos máis velliños da clase!: Aloia, Xan, Manuel, Eimy, Carmen, Sabela e Sofía.
A seguires cumprindo moitos máis!.
(Aínda que alguén quixera para o tempo 😥)
Adiviñades quen?
REMATE DE TRIMESTRE... DEPORTIVO!!
Lembrades o ben que o pasamos no torneo medieval de entroido?. Pois como así llo fixemos saber aos profes Javi e Roberto este fin de trimestre quixeron prepararnos unha sesión de xogos moi divertida.
Vede como o ben que o pasamos!
E AGORA... TOCA GOZAR DESTES DÍAS COLLENDO FOLGOS DE CARA AO ÚLTIMO TRIMESTRE DO CURSO.
17 APERTAS MOI FORTES FAMILIAS!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario