Para poder celebralos pedimosvos a vosa colaboración: tiñades que traernos unhas fotos para... Ver como van medrando estes nenos!!!
Despois de explicar que a Terra xira sobre si mesma (orixinando o día e a noite) e que tamén xira ao redor do sol (orixinando as diferentes estacións). Tentamos facer como a Terra pero... vaia mareo!!
Pois ben, sabíades que a Terra tarda un ano en dar unha volta completa ao redor do sol? Si, Si, 1 ANO! Polo tanto, se nos cumprimos 3 anos, quere dicir que dende que nacimos deu 3 voltas ao redor do sol.
Comprendérono moi ben, coa canción que nos acompaña nos aniversarios e que nos axuda a ir presentando cada unha das fotos que trouxéchedes:
A Terra xira ao redor do sol,
ao redor do sol, ao redor do sol
A Terra xira ao redor do sol e,
un ano pasou.
¡Vaya fiesta de cumpleaños! 🥳
ResponderEliminarVaya fotos más chulis de este día tan importante en sus vidas…🎂
Eric, encantado de verse y contarnos un poquito de la celebración en el cole con su profe Lidia y sus compañer@s 💚
Feliz vuelta al 🌞, a todos los pequechiños que cumplieron junto con Eric 🙂😘
Felicidades a todos!!
ResponderEliminarAndré cumplió 4 😅 es el grandullón del grupo.