domingo, 28 de noviembre de 2021

25 N: DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 25 DE NOVEMBRO: unha data para recordar a todas as víctimas da violencia de xénero. 

Os nenos e nenas da clase das margaridas decidiron facer unha sesión de fotos nas que recordan a todos os nenos e nenas, mamás e papás, mestres e mestras,... a todos os homes e mulleres como nos deberíamos de comportar todos os días.

Os problemas non se solucionan pegando ou  mancando á xente, senón falando e chegando a acordos.

 Nestas fotos, aparece como NON se deberían de comportar tachado en vermello e ao lado dándose unha aperta xa que así deberíamos de levarnos todos, a idea da aperta está basada no libro que limos hoxe na clase: "O DÍA DAS APERTAS".










Ademaís, Güino convidounos a deixar a nosa pegada na árbore do Couceiro Freijomil, unha árbore violeta que inspira vida e loita contra a violencia de xénero.






AS NENAS E NENOS, E A MESTRA, DA CLASE DAS MARGARITA DIN: 


NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO,

 
E MÁIS... 


NON A NINGÚN TIPO DE VIOLENCIA. 


QUEREMOS UN MUNDO SEGURO, TRANQUILO E EN PAZ PARA OS NOSOS NENOS E NENAS.




1 comentario:

  1. 💜💜💜💜💜💜💜💜💜💜💜💜 Non á violencia de xénero, non a ningún tipo de violencia💜💜💜💜💜💜💜💜💜💜💜💜

    El árbol entre toda la comunidad del Couceiro Freijomil os quedó súper bonito y el cuento no lo conocíamos y es que, un buen abrazo 🤗 puede ser tan reconfortante en tantas ocasiones…

    Muchos besos Lidia y gracias!

    ResponderEliminar