jueves, 30 de septiembre de 2021

ANIVERSARIOS AGOSTO-SETEMBRO

 HUGO e BREOGÁN foron os primeiros en celebrar o aniversario na nosa aula. Estanse a facer maiores, tan maiores que ata son capaces de soster a terra nas súas mans!.

A nosa celebración merece estar moi atentos por eso as nosas nenas e nenos aprenden xa a colocarse en semicírculo. Así o homenaxeado pode amosar as suas fotos, coas que comprobamos como pasou o tempo desde que naceu (petando na barriguiña de mamá e con ganas de ver o sol representado por unha candea redonda) ata agora que... xan ten 3 aniños!. 

De seguido colocamos cada foto no panel e entre unha e outra "cargamos co noso planeta terra" (a algún de nós xa nos se nos facía coñecida esa gran bola redonda: un planeta, a miña avóa tena no faiado... aínda que non sabiamos como se chamaba) cantando a cantiga que escoitades no vídeo e colocando a candea correspondente ao ano que imos cumprindo.

Para rematar a celebración apagamos o sol cun experimento... "deixamolo sen aire" (cubrindoo cun bote) porque o coronavirus non nos deixa soprar e todos xuntos cantamos os parabéns aos nosos compis.

PARABÉNS MEUS PEQUERRECHOS E... A SEGUIR MEDRANDO!!



2 comentarios: