viernes, 3 de diciembre de 2021

NADAL

O grupo das Vaquiñas está un pouco nervioso pola chegada do Nadal. Esta semana xa empezamos a facer algunhas cousiñas: unha árbore con adornos (gustoulles a idea, así que mentres facian outros traballos, deixeilles nun montón os debuxos para colorear e cando me dei conta xa os tiñan todos pintados!); as portadas dos nosos traballiños (que xa están desexando levar á casa!); un detalliño para a árbore (fixérono con moita ilusión! Moito lles gusta levar os traballos que fan no cole!); e por último, disfrutaron na mesa sensorial que preparamos para o Nadal. 

Así foi a nosa semana!

































2 comentarios:

  1. Con canta ilusión veu a estreliña! Xa imos ter que montar a árbore na casa para colgala...

    ResponderEliminar
  2. Hehe, siii, xa nolo contou, que tiña que montar a árbore! Dá gusto traballar nesta aula!!! Todo lles motiva moitísimo!! E esfórzanse moito para que saia ben.

    ResponderEliminar