viernes, 14 de enero de 2022

ANIVERSARIO DE ANTÓN

 Esta semana voltamos á rutina lentamente. Estivemos explorando os novos xogos e materiais da aula e gustáronnos moito. Sobre todo tivo moito éxito a nosa nova tenda/mercado (teremos que buscar xogos matemáticos para este espazo!). Tamén cambiamos a mesa sensorial e disfrutaron neste recuncho, así coma cos novos encaixables! Algúns nenos/as xa coñecían as cartas do UNO e outros descubríronas por primeira vez, así que disfrutamos con este novo xogo, e seguimos aprendendo!

Coa profe Zoraida tiveron clase de robótica!

E hoxe pintamos con pompóns!

Ademais, tamén celebramos o aniversario de Antón, que o sábado cumpre 5 aniños!

Ollade que ben o pasamos!

PD: Estade moi atentos, porque este trimestre estamos preparando un proxecto moi ilusionante, que disfrutaremos tanto os nenos e nenas da aula coma vós, as familias, pero non quero adiantarvos nada porque como ben sabedes, dependemos moito da situación da pandemia...
























































































No hay comentarios:

Publicar un comentario