viernes, 21 de enero de 2022

INVERNO

Esta semana estivemos practicando a escritura de palabras de inverno na ruleta, que lles encanta! E tamén aprendemos vocabulario relacionado con esta estación, a través das tarxetas de lecto que temos colocadas noutro recunchiño da clase, onde teñen que colocar as letras e despois escribir a palabra.

Tivo moito éxito o taboeiro do 100, que ten moitas posibilidades de aprendizaxe. En principio deixeilles ata o número 20 para que foran colocando, despois quiteilles algúns números para que eles/as os foran poñendo no seu sitio; pero Antón quixo colocar todos os números! E iso animou a moitos compis a facelo tamén! Xa me dixeron que para a semana seguiamos, que nesta non lles deu tempo a todos/as. Gustoulles moito este xogo! (dá gusto velos axudándose uns a outros!).

E por último, divertímonos moito pintando con témperas, e baseándonos na obra de B. Wurtz, que emprega obxectos cotiáns para facer as súas pinturas e esculturas. Ó rematar, pediron seguir pintando coas témperas e fixeron creacións moi bonitas. Pasárono moi ben.

Mirade a nosa semana!
























































No hay comentarios:

Publicar un comentario