viernes, 25 de marzo de 2022

+ARTE!

 Esta semana divertímonos moito. Tal e como quedamos, subo o vídeo da poesía, co conto Violín, que foi o que nos propuxo o Equipo da biblioteca.

Por outra banda, xa fai un tempo, empezamos un proxectiño sobre a escritora Olga de Dios, autora de contos como Monstro Rosa, Monstro Azul, Pájaro Amarillo ou Ra de tres ollos. E coa inmellorable axuda da profe Sara (porque dela é a idea de todo este traballo e a que me axudou a levalo a cabo. Mil grazas!) esta semana decidímonos a pintar con spray os nosos monstros monstruosos. Aínda non sabemos se imos poder levar a cabo a actividade tal e como a tiñamos planificada, así que por agora, ensínovos o que estivemos facendo. Para isto, botamos man doutros libros da mesma autora (Spray Cocktail Party), e ollade o ben que o pasamos con esta nova técnica.

Deunos tempo tamén de pintar unhas árbores primaverais con plástico de burbullas.

E hoxe, tamén disfrutamos moito co aniversario de Clara, que xa ten 5 aniños!

















































































No hay comentarios:

Publicar un comentario